Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na linde: Ailá

Antes das orquestras cheas de luces e electrónica o que facía bailar aos parroquianos eran grupos como Ailá.
Alalai_111250-slide_r

A música tradicional galega tivo unha parte moi festeira na década dos cincuenta. Antes das orquestras cheas de luces e electrónica o que facía bailar aos parroquianos eran grupos como Ailá.

O defenden desde o mesmo título do seu primeiro disco “De facer festa e bailar”. Ailá está formado por Ángela Carou, Abel Gañete, Manuele Pardo e Xan Pampín.

Xan Pamín ten xa unha historia detrás na que aparece A Banda das Crechas ou Radio Cos ademais da súa profesión de mestre. Ánxela Carou foi alumna súa con seis anos. Quedamos cos dous ás portas do Museo do Pobo Galego para falar e coñecelos un pouco mais. Comezamos falando do nacemento do proxecto que se produce, en parte, nas mítica foliadas das Crechas

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/04/01-como-nace-aila-28-abril-2021.mp3

Ánxela viviu a música desde que era pequena o que considera unha auténtica sorte

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/04/02-anxela-a-aficion-nace-na-casa-28-abril-do-2021.mp3

Os xoves chagan cada vez máis a estas músicas como sucede con Ánxela. Xan Pampín entende que o internet e a globalización fixo que chegaran á música tradicional pese as dificultades que sempre ten para saír nos medios xeneralistas

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/04/03-xan-pampin-o-tradi-conecta-xeracions.mp3

A produción do primeiro disco de Ailá é moi coidada. Sin estridencias pero cheo de forza. Xan explica que  buscou darlle protagonismo ás voces e ao baile

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/04/04-xan-pampin-un-disco-minimalista-28-abril-2021.mp3

Ánxela escoita de todo e está moi contenta co resultado do disco. Si ten que destacar algo é o feito de transmitir sentimentos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/04/05-anxela-contenta-co-que-fixemos-28-abril-2021.mp3

Ailá chega nun momento de efervescencia musical para cubrir un oco. A festa, o baile sen máis pretensións. Un grupo e un disco cunha calidade e un son actuais cos que viaxar no tempo ata as verbenas ou as foliadas dos nosos pais e avós. Ailá era necesario nos tempos que corren e desexamos que se queden moitos anos.

Post navigation

Previous: Silleda primeiro pobo de Galicia en sumarse á rede “Mi pueblo lee”
Next: Nova oficina de turismo para o concello de Padrón

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.