Músicas na Linde, 14 de decembro do 2024 – No ano 2021 entrevistabamos a un novo grupo chamado Ailá que viñan a recuperar a conexión entre a música tradicional, as orquestras e o baile. Aqueles mozos creceron profesionalmente e agora, tras publicar o ano pasado un disco de panxoliñas e “Sansolimón”, estrean este domingo 15 na sala Capitol “Tradimensional”.
Falamos con dous dos seus compoñente a finais de novembro para saber como lles foi desde os inicios e que é o que nos traen agora. Acudiron para contalo Xan Pampín e Manuele Pardo que nos explican que o grupo mantén tres piares do seu traballo: a lingua galega, a lingua do baile e a lingua da música.
Como si dun concerto se tratara, os discos de Ailá sempre combinan pezas de baile “solto”, agarrado e un pouquiño da tradición doutros lugares. Unha esencia que manteñen en este “radimensional” que veñen de publicar.
En este novo disco Ailá amplía a tarefa de poñer en valor o patrimonio inmaterial. As cancións saen da tradición oral pero ademais as agrupacións folclóricas collen un protagonismo xa que a súa participación é un fío condutor da gravación.
Que algo cambiou, con respecto á música, na sociedade máis moza en Galicia é evidente. Tanto Xan como Manoele son profesores así que o saben ben. O exemplo máis evidente é que antes viaxaban, chegada unha idade, da música ao fútbol e hoxe “cambian o balón pola pandereta”.
Este domingo día 15 Ailá na sala Capitol e contarán con distintas colaboracións entre as que destca Cantigas e Agarimos.
Un concerto que presentará un grupo máis maduro, máis profesional, cun camiño moi claro que seguir e que viñeron reforzando desde o comezo. A cita será as sete e media, coa apertura de portas unha hora antes, polo que é o plan perfecto para unha tarde de domingo; se non acudides arrepentirédesvos.