Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Músicas na linde
  • Xeral

Músicas na Linde: Acustiquísimos

Desde maña sábado terá lugar en Galicia unha nova edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos, un ciclo que combina tres cousas moi interesantes: música, gastronomía e patrimonio.
Momentos-Alhambra-Acustiquisimos-2023-slide-17-novembro-2023_r

Músicas na Linde, 17 de novembro do 2023 – Desde maña sábado terá lugar en Galicia unha nova edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos, un ciclo que combina tres cousas moi interesantes: música, gastronomía e patrimonio.

Catro concertos en catro cidades en catro espazos moi especiais. No caso de Compostela o patiode cristal do San Francisco Hotel Monumento acollerá a actuación de El Kanka e a guinda a porán Kike Piñeiro e Eloy Cancela da Horta do Obradoiro que prepararán unhas tapas especiais para este evento.

Quixemos falar con Alberto Alfonso que é o director de Art Musica a produtora de Momentos Alhambra Acustiquísimos. El comeza contándonos de onde partes estes Acustiquísimos que naceron hai seis anos

Alberto Alfonso

Aproveitamos a oportunidade de falar co responsable dunha produtora e preguntamos por esa evolución que levou a que os directos cobren protagonismo máis incluso que os discos e que sacan os artistas.

Non hai moito falabamos sobre o Outono Códax Festival e na entrevista a Martín Calviño mencionábamos a importancia dos patrocinadores privados. Algo que sucede aquí con Momentos Alhambra Acustiquísimos que tamén conseguiu unha marca propia dentro dos ciclos musicais. Alberto Alfonso coincide en esa importancia do apoio privado.

Unha das particularidades de estes concertos é a incorporación de chefs cociñando en directo. Unha combinación á que se sumamos espazos nos que se celebran atopamos uns momentos realmente únicos.

Rematamos preguntándolle polo concerto de Compostela, o vindeiro día 25 no San Francisco Hotel Monumento con El Kanka.

Catro concertos desde este sábado

Mañá sábado día 18 será o primeiro de estes concertos en Vigo. Alí estará Nena da Conte no hall do teatro Afundación e coa participación do chef Rafa Centeno do restaurante Maruja Limón. O venres 24, no Salón Árbores da Veira na Coruña, estarán Elefantes xunto co chef Luís Veira. O 25 a cita será a de Compostela e o 1 de decembro Acustiquísimos chegará a Lugo con Andrés Suárez no Círculo de Artes e Felipe F. Barcia da Horta de San Roque a cargo da cociña.

Aínda que as entradas están esgotadas quixemos contar un pouco como se desenvolven estes eventos pola súa singularidade. Un ciclo interesante que anotar na axenda para vindeiras edicións. Como nos dicía Alberto Alfonso o que se busca é a proximidade co público así que o número de convidados seguirá sendo limitado.

Unha aposta da iniciativa privada que, ademais de publicitar os seus produtos como é lóxico, crea cultura e aporta valor en este caso non só aos artistas, tamén á gastronomía e o patrimonio da nosa terra.

Post navigation

Previous: O Sar pechou o seu Programa Integrado de Emprego en Dodro
Next: Vedra desenvolve unha interesante programación co gallo do 25N

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.