Compostela, 9 de setembro do 2021 – A banda Música Miúda presentará este venres en Compostela o seu espectáculo “Cambia o conto”.
A cita con Música Miúda será este venres, na na Carballeira do Banquete de Conxo, as seis e media da tarde.
“Cambia o conto” é un espectáculo no que Música Miúda refai e reconta contos tradicionais desde unha perspectiva de xénero. Pola carballeira pasarán personaxes como Antía Carapuchiña, a Avoa Lola, o Pirata Efrén e outrosa igoal de coñecidos.
A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e mudan a historia coa axuda do grupo. A través da música e os contos adápante os contos a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Un contaconstos musical a partir de textos propios, cunha perspectiva igualitaria.
A entrada é de balde, e, en caso de choiva, trasladarase o espectáculo ao CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
