займ срочно

Música, gastronomía e cócteles é a proposta do Oca Porta do Camiño para o verán

0

Compostela, 2 de xullo do 2021 – Este xoves presentouse a nova carta do Hotel Oca Porta do Camiño nunha sesión con música e cócteles no xardín do establecemento.

A proposta de ocio repetirase ao longo do verán no Porta do Camiño e estará aberta tanto a hóspedes como ao público en xeral.  A cita será de xoves a sábado, a partir das 20  h. e os domingos ao medio día nunha sesión vermú.

Lindeiros falaba en esta primeira sesión con Lalo Crespo, director do Oca Porta do camiño, que nos explicaba un pouco a proposta que presentan

Lalo Crespo, director do Oca Porta do Camiño

O ano pasado foi duro e complicado, sobre todo manter aberto o hotel desde xullo do 2020. Con todo Lalo Crespo dí que hai que manter o optimismo

As previsións como en calquera sector son unha incerteza e o director do Oca Porta do Camiño pensa que hai que ir día a día

Golden Goose

A oferta para o seráns ven da man do gastrobar do hotel, o Golden Goose. Unha aposta polo produto de calidade e de proximidade.  Os responsables explican que “os pratos nutriranse de conceptos e sabores doutras culturas como a italiana, a mexicana, pero coa utilización de produtos autóctonos galegos e produtores que consenten o proceso. Primamos orixe e calidade nos ingredientes das nosas elaboracións”

Na nova carta atoparemos:  poke de  atún con  shiitakes (cogomelos chineses) con escabeche  cítrico,  crudités (cruezas) e brotes tenros, tacos de  carnitas en salsa de cervexa e  encurtidos caseiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies