Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Silleda

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda

Silleda, 23/06/2026 – A Bandeira recupera este ano unha das súas citas festivas máis agardadas. O certame “Música a fartar” volverá celebrarse o vindeiro sábado 27 de xuño na Carballeira de Silva, despois de varios anos sen levarse a cabo, da man da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.

A presentación desta XI edición contou coa participación do presidente da entidade organizadora, Xanxo Rey; da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e da concelleira de Cultura, Mónica González, que destacaron a importancia de recuperar unha convocatoria vencellada á música, á convivencia e á tradición asociativa da parroquia.

A programación arrancará ás 12:00 horas cun pasarrúas a cargo da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira. Ás 13:00 horas será a quenda das actuacións da propia banda, do Coro Vales Mahía e da Banda de Veteranos.

Un dos momentos centrais da xornada será o Xantar de “Música a fartar”, previsto para as 14:30 horas. Os prezos serán de 20 euros para maiores de 11 anos e 10 euros para nenos e nenas de entre 5 e 11 anos.

Os menores de 5 anos poderán asistir de balde, aínda que deberán retirar igualmente invitación nos puntos de venda. As entradas, limitadas, estarán dispoñibles ata o 22 de xuño no Bar Arume, Bar Victorino, Bar A Plazoleta e Café-Bar Atly.

Durante a tarde, a partir das 17:30 horas, continuará a música coas actuacións do Grupo de Rapaces da Banda, Sin-Fónicos da Bandeira, Xirandola, Charanga Bicoia e As Estraloqueiras. Ademais, o público poderá gozar dunha exposición de vehículos clásicos e de xogos tradicionais da man de Sororas.

A xornada rematará a partir das 23:00 horas cunha verbena amenizada por DJ Calvin e DJ Marcos KinTana.

A alcaldesa, Paula Fernández, puxo en valor “o esforzo da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira por recuperar unha cita moi querida e con tanta tradición”. Así mesmo,  destacou “a ilusión e o traballo que hai detrás desta volta de Música a Fartar”.

Post navigation

Previous: Festas sen pirotecnia en Padrón
Next: Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.