Despois do éxito das iniciativa a directiva do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal decide ampliar o número de visitas comentadas e seguir con ela na Semana Santa.

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal prepara xa a Semana Santa e ofrece aos grupos a posibilidade de realizar unha visita comentado ao espazo expositivo. Trátase de citas impartidas por especialistas en historia da arte e museoloxía, en 2025, por Antonio González Millán, director da institución, e Sara Barbazán, técnica do museo.
O pasado 5 de abril, recibiron un grupo de 54 persoas pertencentes á Asociación de Veciños San Roque da cidade de Vigo, que percorreron a comarca do Barbanza interesándose por coñecer monumentos e paraxes naturais singulares da contorna.
Na Pobra do Caramiñal asistiron ás visitas guiadas ofertadas á Torre dos Valle Bermúdez (séc. XVI), para descubrir os valores estéticos que contribúen á súa declaración como Monumento Nacional de carácter Histórico-Artístico, así como, en paralelo, ao tesouro do patrimonio cultural reunido nas salas do Museo Valle-Inclán na Pobra.
O Museo Valle-Inclán é decana no país (anos de constitución 1980-1987) e o único centro público sobre o autor que expón bens mobles autenticados como pertencentes a Ramón del Valle-Inclán: artísticos, bibliográficos, documentais, escénicos, fotográficos, vestiario e obxectos non apócrifos.
Aproveitando o tirón popular que esta iniciativa esperta sobre todo entre o público que visita a localidade e a comarca, durante o período da Semana Santa, o Museo ofrece dúas quendas de novas visitas comentadas.
Estas visitas están programadas para o mércores 16 de abril, en horarios de 12:00 h e 17:00 h. Todas as persoas interesadas en asistir a estas actividades teñen ao seu dispor os números de atención ao público, fixo: 981 83 16 62 e móbil: 681 17 34 84. Serán atendidos dentro do horario habitual de apertura do centro.