Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Museo do Pobo Galego presenta o Catálogo do Cantar de Cego Galego

compostela museo do pbo presentacion cantar do cego 18 outubro 2025

Trátase do primeiro volume dedicado ás Voandeiras, de Baldomero Iglesias “Mero”


O vindeiro martes 21 de outubro, ás sete da tarde preséntase no Museo do Pobo Galego un interesante traballo, o primeiro volume, sobre o Cantar de Cego en Galicia.

O acto contará coa intervención de Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e responsable do APOI; Valentín García, secretario xeral da Lingua; Diniz Cabreira, socio na Companha Editora; Xosé Quintás Canella, músico, cantante e prologuista do libro e mais Baldomero Iglesias, o autor. O peche do acto será unha actuación musical a cargo de Miro Casabella.

A publicación, que contou coa colaboración do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, afonda na figura do cantar de cego e destes persoaxes errantes, que percorreu camiños, feiras e romaxes levando un canto itinerante que facía vibrar auditorios improvisados.

Figura arquetípica, o cantar de Cego foi evocada polo tempo cunha visión amable e poética, representaba un modelo humano moi propio, convertido en referente estético e simbólico.

Este primeiro volume do catálogo, subtitulado Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas, recolle ensaios e descrición sobre a figura das cegas e cegos cantores e unha proposta de catalogación dos xéneros rexistrados.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros o mais lido do 13 ao 16 de outubro  do 2025
Next: Ás carreiras pola Baña para celebrar O samaín

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.