Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Outubro no Museo do Pobo Galego

Como cada mes o Museo do Pobo Galego oferta unha serie de actividades imperdibles, vai anotando

museo do pobo programacion slide otubro (3)

Compostela, 03/10/2026 – O Museo do Pbo Galego presentou hai uns días a programación de outubro. Unha serie de actividades, exposicións e charlas arredor do noso pobo e a súa cultura.

 Desde o vindeiro 7 de outubro ábrese a exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 20º Premio Luís Ksado. A inauguración ese mesmo día ás seis da tarde, no auditorio do Museo do Pobo Galego.

Miguel Muñiz acadou nesta edición o primeiro premio coa serie Aventados, un proxecto de cinco anos no que o fotógrafo ourensán retratou dunha maneira poética os efectos do nordés sobre o territorio e as persoas que o habitan.

O acto comezará cunha conferencia do propio Miguel Muñiz e a proxección das obras premiadas, para seguidamente facer unha visita á exposición.

Ao día seguinte a fotografía segue sendo protagonista coa homenaxe a José Suárea, fotógrafo histórico. A cita, como dicimos, o 8 de outubro, ás sete da tarde no auditorio do Museo do Pobo. 

 A 20ª edición do Premio Luís Ksado rende homenaxe ao fotógrafo histórico José Suárez, cuxa figura protagonizou o Día das Artes Galegas 2026. Intervirán Natividad González Rodríguez, deputada de cultura da Deputación da Coruña, Manuel Sendón e Xurxo Lobato.

Masterclass e proxección de Taxibol, de Tommaso Santambrogio

O 14 de outubro, de 17:30 a 20:00 horas, terá lugar unha masterclass na Ala Sur do Museo, na Sala de actividades.

Co título «Da voz á imaxe: tradicións orais e narración visual contemporánea entre Etiopía, Galicia e Italia», o director de cinema Tommaso Santambrogio falará do proxecto en desenvolvemento Teret Teret, un traballo de investigación dedicado á tradición oral etíope e a unha das páxinas máis escuras do colonialismo italiano: a represión deliberada contra contacontos, adiviños e narradores orais, principais custodios da memoria colectiva do país, tralo atentado contra o virrey Rodolfo Graziani en 1937.

A actividade precisa inscrición previa, enviando correo a deac@museodopobo.gal.

Despois do obradoiro proxectarase Taxibol,  a película de Santambrogio que se fixo co Premio MICE ao Mellor Filme na 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.

Xornadas Xénero, produción e coidados

Os días 15 e 16 de outubro terán lugar as xornadas de Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica. Celebraranse no auditorio do Museo do Pobo.

O proxecto Coidarq organiza estas xornadas que procuran un espazo para pensar os coidados dende unha perspectiva ampla, crítica e transhistórica. Abordaranse temas como a organización das tarefas, os vínculos, os corpos, os territorios e as memorias que sosteñen a vida en distintos contextos históricos e sociais.

As xornadas abrirán cunha conferencia de Margarita Fernández Mier, referente en historia agraria e no estudo das comunidades rurais, mentres que o peche estará a cargo de Stefania Barca, especialista en historia ambiental, ecoloxía política e estudos feministas. Entre outras actividades, o programa inclúe unha visita guiada polo Museo.

Máis información e inscricións, aquí.

Inauguración da expo-instalación Transfronteiriza

O 22 de outubro ás 19:00 horas, na Ala Sur do Museo, Sala de actividades, inaugurase a expo-instalación Transfronteiriza, de Diana Gonçalves.

Producida polo propio Museo e por Raia Creativa, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e Pipeworks, o proxecto propón unha nova maneira de achegarse á historia das trapicheiras e ás memorias dos territorios entrecruzando vidas e patrimonio de fronteira. Poderá visitarse até o 28 de marzo de 2027.

Dentro da sección mensual O Museo Acolle este mes celebraranse os obradoiros AGANTRO: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe IV. Terán lugar os días 9, 16 e 23 de outubro, de 17 a 20 horas, na Ala Sur do Museo. Sala de actividades.

AGANTRO, en colaboración co Museo do Pobo Galego, organiza catro obradoiros que exploran como as prácticas creativas poden artellarse como ferramentas rigorosas de investigación que atenden simultaneamente ás dimensións epistemolóxicas, éticas e políticas do traballo antropolóxico.

O seminario, para o que xa está a matrícula completa, conta co apoio da Deputación da Coruña. Máis información, aquí.  

Obradoiro Tradicións e prácticas, revitalización de artesanías

O 17 de outubro, de 11:00 a 14:00 horas, na Ala Sur do Museo do Pobo Galego. Sala de actividades e no marco das Xornadas Europeas de Patrimonio 2026, a Xunta de Galicia organiza este obradoiro de artesanía sobre tecido tradicional galego a cargo  do arqueólogo Manuel Rodríguez Calviño, experto en sistemas de produción doméstica en Galicia e creador do proxecto TECEDEIRAS: arte e talento na sombra.

Máis información e inscricións, aquí.

Documental O río do Porto

O 20 de outubro ás 19 horas, na Ala Sur do Museo. Sala de Actividades, proxectarase o documental «O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira» . O documental adapta o libro O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira (2019) polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), co obxectivo de insistir no coñecemento e posta en valor da principal arteria fluvial da Terra de Soneira e mais de recuperar o seu nome histórico de río do Porto, que xa o ilustrado José Cornide atestara en 1764 e corroborarán  Domingo Fontán no s. XIX e Ramón Otero Pedrayo no XX.

A proposta audiovisual explica a historia do nome do río, impropiamente denominado Grande desde a década dos sesenta, intercalándoa coa descrición do seu curso desde o seu nacemento nas abas orientais do Bico de Meda en terras xalleiras e bergantiñás, ata a súa desembocadura na ría de Camariñas.

A presentación contará coas intervencións de Xosé Mª Lema, presidente do SEMESCOM e patrón do Museo do Pobo Galego, Manuel Rial, director, guinista e voz do documental, e Pablo Alvite, encargado da fotografía, son e montaxe. Presentará o evento Augusto Pérez Alberti, catedrático emérito de Xeografía da USC.

Post navigation

Previous: Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo
Next: Santa Comba licita a mellora de viarios

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.