Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Museo do Pobo presenta a programación do mes de maio

O Día das Letras Galegas terá o seu protagonismo no Museo do Pobo Galego

Imaxe dos novos fondos do Mueseo do Pobo

Compostela, 4/05/2026 – O Museo do Pobo Galego presentou a programación do mes de maio. Unha serie de actividades que van desde a presentación de libros e documentais ata unha excursión, para socios, a Ferrol.

O punto de partida será o vindeiro día 12 xa que as sete da tarde presentarase o ensaio “Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia” escrito por Mª Montserrat Varela Vázquez

Trátase dun volume que aborda o patrimonio etnográfico dos muíños, tanto no seu aspecto material como, sobre todo, no inmaterial: costumes, tradicións, prácticas dos oficios, folclore e tamén o transcurso do tempo, os cambios sociais e as persoas que traballaban e acudían aos muíños en distintos concellos do interior de Galicia.

A obra afonda en todos estes temas a través das palabras de case corenta informantes e as súas historias de vida, complementadas con cantigas, poesías e contos arredor dos muíños. Editada coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a obra recibiu unha mención especial no Premio Vicente Risco 2025.

O 30 de maio os socios do Museo do Pobo marchan a Ferrol. Un roteiro coa compañía do profesor Francisco Rodríguez no que se visitará, entre outros puntos de interese, o Museo da Construción Naval Fundación Exponav, o Castelo de San Felipe ou o Teatro Jofre.

Engadese ademais un itinerario baseado na biografía de Ricardo Carvalho Calero e subirase até o cumio do Monteventoso.

Exposicións

No capitulo das mostras hai que destacar a bibliográfica Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño Rascado (1964-2014) que está aberta ata o 29 de xuño de 2026. No marco da programación do Museo do Pobo Galego polo Día das Letras Galegas, a Biblioteca organiza, como cada ano, unha mostra dedicada á persoa homenaxeada. Nesta edición, centrada na figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño.

A autora viguesa é a décimo cuarta muller homenaxeada nesta celebración, sumándose a nomes como Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Teresa García, Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema. Nas súas novelas Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), destaca un revisionismo crítico do canon literario desde unha óptica feminista.

Continúan no Museo as estatuas do Mestre Mateo que se seguen podendo ver na ala sur do Museo ata o 26 de xullo. 

O Museo Acolle

En esta sección da programación do Museo do Pobo presentarase o documental ”A costa e os castelos de Alejandro Gándara Porteiro. A cita o xoves, 28 de maio, ás 19 horas na Ala Sur.

Unha viaxe de verán pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos. O documental explora o pasado e o presente destes lugares para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa, sensible e divertida cara a nosa relación co patrimonio.

A curtametraxe documental, premiada no III Certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña, está producida e dirixida por Alejandro Gándara Porteiro, que tamén asinou obras audiovisuais como Dorothé na vila (2020) e 360 curvas (2025).

Novos fondos para o Museo

O fotógrafo holandés Ton van Vliet fará depósito do seu fondo ao Museo do Pobo Galego. Na Semana dos Museos, incorporarase este novo fondo á colección. O martes, 19 de maio, asinarase o contrato da cesión do material fotográfico de Ton van Vliet.

O fotógrafo holandés (Terborg, 1956) retratou coa súa cámara a Galicia que se recuperaba de corenta anos de ditadura, durante as súas visitas ao país entre 1978 e 1984. A través dunha ollada externa, captou a vida cotiá da comarca da Agolada, convertendo as súas imaxes nun punto de encontro entre culturas.

Ao incorporárense agora ao Museo do Pobo Galego, estas fotografías regresan como memoria compartida, tecendo relacións máis aló das nosas fronteiras e exemplificando o labor dos museos como espazo de conexión, unindo un mundo dividido, en liña co lema do Día Internacional dos Museos 2026.

Post navigation

Previous: O Concello de Teo nomea a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos
Next: O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.