Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda

As pequenas cousas achega ao Museo do Pobo Galego historias de represaliados galegos agochadas nas súas pertenzas

O Museo do Pobo Galego acollerá desde este sábado a exposición As pequenas cousas, incluída na programación da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.
A-fotografia-cosida-que-gardaba-Anastasio-Godoy-Fotografias-de-Mapas-de-Memoria-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 27 de febreiro do 2020 – O Museo do Pobo Galego acollerá desde este sábado a exposición As pequenas cousas, incluída na programación da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.
    • Pequenas cousas, grandes lembranzas
    • As pequenas cousas de Galicia
    • Encontro con familiares e presentación de El duelo revelado
    • Máis sobre Mapas de Memoria

Compostela, 27 de febreiro do 2020 – O Museo do Pobo Galego acollerá desde este sábado a exposición As pequenas cousas, incluída na programación da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.

 

As pequenas cousas achega ao Museo do Pobo Galego historias de represaliados galegos agochadas nas súas pertenzas
Mensaxe de despedida de Vicente Verdejo a súa muller escrito nun paquete de cigarros no cárcere de Valdepeñas antes de ser fusilado o 29 de outubro

As pequenas cousas será inaugurada as 12.30 e contará coa presenza de Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego; Xurxo Couto, deputado de cultura da Deputación da Coruña; Mercedes Rosón, concelleira responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago; Jorge Moreno Andrés, un dos comisarios da mostra e Carmen García-Rodeja, representante da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Abarcas atopadas na exhumación dunha fosa común en Fontanosas (Ciudad Real), en 2006. Fotografía de Óscar Rodríguez

Pequenas cousas, grandes lembranzas

A exposición ‘As pequenas cousas’ recolle obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas e represaliadas polo franquismo, nas que a memoria se puido materializar, e que sobreviviron nas marxes da sociedade.

Esta mostra, cuxo núcleo orixinal está formado por doce paneis, incorpora grazas a coordinación técnica de persoal do Museo do Pobo Galego novas achegas procedentes das familias de presos e fusilados galegos, para o que conta coa colaboración de particulares e entidades como O Faiado da Memoria e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). ‘As pequenas cousas’ poderase visitar de xeito gratuíto ata o 19 de abril no Museo do Pobo Galego.

Botóns de puño de esmalte de José Rodríguez Silvosa. Exhum Castroncelos. © Cedida pola ARMH

As pequenas cousas de Galicia

O listado de obxectos que se poderá ver na exposición é variado nas formas en que recolle a memoria da represión. Entre eles, uns botóns de puño de esmalte que pertenceron a José Rodríguez Silvosa, xastre de Lugo asasinado no ano 1938, extraídos na exhumación de Castroncelos (Pobra do Brollón). Tamén unha reprodución do retrato que realizou o arquitecto Jordi Tell ao artista Mario Granell no cárcere da Coruña. A lembranza das Marías, iconas da resistencia á represión franquista en Santiago de Compostela, estará tamén presente pola relevancia do proceso de recuperación colectiva da súa figura. Tamén cómpre tamén destacar unha fotografía de Sandalio Alonso de la Riva, membro do Partido Socialista e alcalde de Boñar, quen conseguiu praza no Winnipeg para ir tralo amor de Rosina, filla de Elpidio Villaverde, político de Vilagarcía de Arousa, quen coñecera uns días antes en Bordeos. O barco Winnipeg fletou a máis de 2000 refuxiados españois a Chile grazas á axuda de Rodrigo Soriano (ex-embaixador republicano español) e ao poeta Pablo Neruda.

© Dúas fotografías das irmás Fandiño, Maruxa e Coralia, do Fondo da Familia De La Riva (Museo do Pobo Galego). Caixiña de pós e barra de beizos

Encontro con familiares e presentación de El duelo revelado

Como preámbulo á inauguración da exposición terá lugar ás 11h00 da mañá o encontro e presentación de El duelo revelado, do antropólogo e comisario da exposición Jorge Moreno Andrés, que ademais estará acompañado dos familiares que cederon obxectos a través da ARMH. Este libro, editado polo CSIC, realiza un percorrido pola transmisión da memoria da Guerra Civil e o franquismo a través das fotografías gardadas e conservadas, poñendo en valor estes documentos antropolóxicos que permitiron a moitas familias de persoas asasinadas, desaparecidas, encarceradas ou exiliadas seguir mantendo a súa memoria viva fronte ao empeño do réxime franquista por silencialos.

Máis sobre Mapas de Memoria

O proxecto Mapas de Memoria, impulsado polo Centro de Estudios de Memoria y Derechos Humanos da UNED en colaboración coa Deputación de Ciudad Real, é un espazo de investigación, creación e intervención social que busca xerar coñecemento sobre o noso pasado recente. Facendo uso da metodoloxía etnográfica e historiográfica, e dende a antropoloxía visual, realiza un traballo que busca poñer en diálogo aos familiares con investigadores e arquivos. Faino co obxectivo de explicar as formas culturais na transmisión da memoria; para comprender a violencia e o trauma, e para dignificar ás persoas que foron desaparecidas ou silenciadas.

 

Post navigation

Previous: Alberto Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
Next: Terceira edición do Festival Rosalía

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.