займ срочно

40 anos de Roberto Verino no Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 23 de novembro do 2022 – O Museo do Pobo Galego ven de inaugurar a exposición 40 años de #estiloverino dentro do aniversario da marca.

Verino aseguro na exposición que en Compostela “síntese como na casa, que admira polo seu patrimonio, por ser berce das peregrinacións e da cultura xacobea e sobre todo, porque sempre atopa inspiración cando se pode perder polas rúas de Santiago”.

A exposición estará aberta ata o 8 de xaneiro de 2023. Unha mostra fotográfica e audiovisual que contará con actividades paralelas nas que se porá en valor o empoderamento feminino e a importancia da vinculación moda e fotografía.

Para Roberto Verino: “As mulleres sempre son e serán as miñas musas e fonte de inspiración. Son as verdadeiras referentes da nosa sociedade e o xermen do #estiloverino”

A exposición está composta por fotos que axudan a entender a esencia do #estiloverino: unha forma de entender a moda baseada en prendas de calidade que son fondos de armario e que son siempre un “musthave”. Dentro desta selección están imaxes de top models como Christy Turlington, Olatz, Helena Christensen e fotógrafos como Eloy Lozano, Javier Vallhonrat, Jacques Olivar ou Paco Navarro.

Verino engade que “Esta exposición é moito máis que unha compilación de fotografías dos mellores fotógrafos de moda. É unha forma de expresión propia coa que recordamos que o noso estilo perdura a través dos anos. Se vos fixades, realmente, podedes ver prendas actuais hoxe en día que non pasan de moda e iso é algo que defendemos como marca”.

O deseñador, durante a presentación agradeceu aos seus compañeiros como o Concello de Santiago, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Ourense, AENA e Altia que sexan “compañeiros deste soño cumprido de poder celebrar 40 anos de moda coa ilusión intacta”. A exposición irá mudando contidos ao longo deste 2023 para seguir contando cousas importantes como a circularidade das prendas, poñer en valor o papel da muller na sociedade e na moda e sobre todo, para defender que dende Galicia, se poden cumprir moitos soños sendo emprendedor como o mesmo deseñador que trouxo a un lugar como Verín unha verdadeira industria de moda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies