Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Isaac Díaz Pardo protagonista de abril no Museo do Pobo Galego

museo do pobo isaac diaz pardo SLIDE 31 marzo 2025

Unha intervención nos espazos do Museo, un faladoiro e unha conferencia conforman o listado de actividades previstas para homenaxear a Díaz Pardo, protagonista do décimo Día das Artes Galegas.

De Eduardo Montes-Bradley – Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=80480133

O Museo do Pobo Galego súmase ás homenaxes ao intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, protagonista este ano do Día das Artes Galegas. O Museo desenvolverá un programa de actos propio en lembranza do que fora membro fundador e presidente do seu Padroado desde o ano 2000 até o 2011.

O vindeiros mércores 2, ás 19:00 horas, celebrarase no auditorio do Museo a conferencia Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso, impartida polo investigador e escritor Xosé Ramón Fandiño, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Estreito colaborador do artista, Fandiño é editor de O Ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009) (Andavira Editora, 2018), unha recompilación de 514 artigos periodísticos escritos polo intelectual e publicados en diferentes diarios, fundamentalmente galegos; e autor de Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso (Concello de Santiago, 2020).

 A programación de actos inclúe tamén unha intervención nos espazos do Museo do Pobo Galego, cuxa apertura está prevista para o venres, 4 de abril, ás 12 horas. Espazos contra o baleiro fará un percorrido pola figura de Isaac Díaz Pardo e o seu papel na refundación do Seminario de Estudos Galegos, a súa particular vinculación co Museo do Pobo Galego e o seu labor a prol da memoria histórica.

Tres facetas do intelectual que quedarán reflectidas na intervención a través de documentación gráfica e bibliográfica, así como unha pequena escolma de pezas do autor, pertencentes todas elas aos fondos do Museo.

As actividades ao redor da figura de Díaz Pardo completaranse cun faladoiro o xoves, 24 de abril, ás 19:00 horas. Baixo o título Isaac Díaz Pardo creador do Laboratorio de Formas, contará coa participación de Xosé Luís Axeitos, María América Díaz, Fernando Arribas e Carmela Montero.

 Isaac Díaz Pardo, insignia de ouro do Museo

Figura fundamental da cultura galega do século XX, Díaz Pardo recibiu a insignia de ouro do Museo do Pobo Galego en 2006 pola súa “significativa contribución ao coñecemento e prestixio da cultura galega no mundo”, e por ter sido “inspirador e impulsor de importantes proxectos”.

A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu por unanimidade dedicarlle a décima edición do Día das Artes Galegas, pola súa condición como artista, “destacado representante da arte galega, ilustre pintor e ceramista”. Tamén, polo seu traballo na Cerámica de Sargadelos, que Díaz Pardo “concibiu como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusión das artes e da cultura de Galicia”.

A RAGBA, da que o intelectual era académico de Honra, subliñaba tamén o seu labor na creación de Cerámicas do Castro, do Laboratorio de Formas de Galicia, de Edicións do Castro, do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Instituto Galego de Información, entre outros proxectos.

Post navigation

Previous: ADEGA preparase para buscar “Xustiza para o Ulla” nos tribunais
Next: XVIII A Foliada de Melide   

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.