Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Programación de decembro no Museo do Pobo

Museo do Pobo Galego 170_SLIDE_w

O Museo do Pobo Galego segue mes a mes crecendo en actividades e consolidando unha programación cada vez máis variada e interesante. Unhas características que non impiden as marcadas facetas educativa e patrimonial.

Cantareiras

Na recta final do ano das cantareiras e da poesía popular oral, o 17 de decembro o Museo do Pobo Galego presenta a publicación “Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión”.

O libro, editado co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua, recompila os contidos principais da exposición homónima que se puido visitar no Museo entre abril e setembro de 2025.

Trátase dunha obra concibida como homenaxe ás creadoras e transmisoras da nosa tradición oral, froito de meses de investigación a partir dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, da Biblioteca e Arquivo Documental, Arquivo Fotográfico e Colección do Museo.

A entrada será libre até completar a capacidade do Auditorio.

Exposicións

Espazos contra o baleiro – Até o 28 de decembro de 2025

Derradeiro mes para visitar a intervención expositiva en lembranza do intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, membro fundador e presidente do Padroado desta institución desde o ano 2000 até o 2011 e homenaxeado do Día das Artes Galegas 2025.

A mostra propón un percorrido pola súa implicación na refundación do Seminario de Estudos Galegos, a súa fonda vinculación co Museo do Pobo Galego e o seu compromiso coa memoria histórica e cultural do país.

A exposición, impulsada polo Museo do Pobo Galego, conta cun equipo curatorial formado por Xosé Ramón Fandiño, María Xosé Fernández Cerviño e Pilar Sampedro.

Exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas – Até o 4 de xaneiro de 2025

Durante todo o mes e até o 4 de xaneiro pode visitarse no Museo do Pobo Galego a mostra dos proxectos gañadores da XIII edición dos premios Antonio Fraguas Fraguas, que recoñecen o traballo dos centros educativos galegos na investigación e difusión do noso patrimonio cultural: Viva o Entroido vivo! Lingua, festa e comunidade, un proxecto colectivo do CEIP Lamas de Abade, o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela) e o CEIP Pérez Viondi (A Estrada); e A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes: o caso de Burela, do IES Monte Castelo (Burela).

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, promovido desde 2004 pola fundación e patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua, impulsa a posta en valor do patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico desde as aulas.

O Museo Acolle

Presentación da  restauración da película “Viaje por Galicia”, de Luis R. Alonso – 2 de decembro, 19:00 horas no Auditorio.

O Museo do Pobo Galego acolle a presentación da película restaurada “Viaje por Galicia”, dirixida por Luis R. Alonso, unha xoia documental que nos transporta á Galicia das primeiras décadas do século XX e, máis especificamente á provincia da Coruña da época.

A proxección do filme mudo será musicada polo cuarteto de corda Novecento, que será presentado polo director de orquestra e pianista Maximino Zumalave. O acto contará coa participación de Concepción Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña e José Luis Castro de Paz,  catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC.

Presentación do libro “Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela” –  9 de decembro, 19:00 horas no Auditorio.

O 9 de decembro presentarase no Museo do Pobo o libro “Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela”. Unha publicación do Consorcio de Santiago con ilustracións de José Baqueiro Canabal e textos da historiadora Elena Iglesias Durán.

Trátase dun paseo ilustrado con 50 acuarelas de espazos emblemáticos da cidade. Unha ruta pictórica que conduce a unha peregrinación pola améndoa compostelá, fuxindo de perspectivas aéreas e situándonos ao pé dos edificios.

Outros

Horarios Nadal

– Os días 24 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro abrimos como festivo: de 11:00 a 14:00 horas.

– Os días 25 de decembro, 1 e 5 de xaneiro pechado.

– O resto dos días horario habitual, de martes a sábado de 11:00 a 18:00 horas e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h.

Post navigation

Previous: Ames entrará como socio na Mancomunidade Serra do Barbanza
Next: A feira de emprego Talentia Summit comeza este xoves

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.