Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

O Museo do Pobo Galego celebrou os 50 anos do seu Padroado

O Museo do Pobo acolleu un acto institucional que combinou memoria, música e reflexión.

Vista cenital do acto celebrado no Museo do Pobo Galego polo 50 aniversario do seu Padroado

Vista cenital do acto celebrado no Museo do Pobo Galego polo 50 aniversario do seu Padroado

Compostela, 27/04/2026 – O 24 de abril de 1976 asinábase a acata fundacional do Padroado do Museo do Pobo Galego. O acto de conmemoración comezou coa lectura que de dita acta fixo o secretario do Padroado, Francisco Javier Sanjiao Otero.

Esa acta nacera co obxectivo de impulsar un museo para Galicia. Un ano despois, o 29 de outubro de 1977, abríase o Museo do Pobo Galego, consolidado hoxe como un espazo de referencia na investigación e divulgación do patrimonio material e inmaterial galego.

O Museo do Pobo lembrou este pasado venres esas datas cun acto institucional no seu Auditorio, no que se puxo en valor a traxectoria dunha entidade clave na preservación, estudo e difusión da cultura galega.

A conmemoración contou coa participación das e dos membros numerarios e institucionais do Padroado, así como dunha ampla representación de entidades e persoas vinculadas ao Museo.

 Un dos momentos centrais do acto foi a intervención do patrón fundador Xosé Manuel González Reboredo, quen, baixo o título “Un lugar de memoria de Galicia”, reflexionou sobre o significado do Museo do Pobo ao longo destas cinco décadas e sobre o papel do Padroado na construción e continuidade deste proxecto colectivo.

A traxectoria da institución estivo tamén presente a través dunha peza audiovisual que ofreceu un percorrido pola historia e evolución do Padroado desde a súa creación. O acto contou coa participación do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo Suárez, e da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, representantes de dúas das institucións que forman parte do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Anxo M. Lorenzo dixo que era preciso recoñecerlle á institución o seu “compromiso coa divulgación e a popularización da cultura. Este Museo, durante sucesivas xeracións, deixou unha fonda pegada educativa e didáctica en todo tipo de públicos, dende escolares a familias e público xeral que atoparon sempre aquí un lugar onde recoñecerse, onde aprender, e onde dialogar co presente e co pasado de Galicia”,

Pola súa banda, a rexedora compostelá, Goretti Sanmartín, gabou o labor durante medio século deste Padroado e dun Museo que é un “fogar cultural e de identidade de todo o conxunto da poboación galega”.

 Clausurou o acto a presidenta do Padroado, Concepción Losada Vázquez, quen destacou a vixencia da obriga fundacional da entidade: “Non se pode amar o que non se coñece; por iso, dar a coñecer o noso patrimonio é o primeiro paso para que poida ser valorado e transmitido”.

No seu discurso, Losada expresou tamén o seu agradecemento a todas as persoas que integraron o Padroado nestes cincuenta anos, salientando  o seu compromiso continuado para facer posible e soster no tempo o proxecto do Museo.

Tamén puxo en valor a dedicación do persoal técnico, “un orgullo para este Museo e para este Padroado”. “Celebramos o camiño percorrido” —concluíu— “co orgullo de continuar esta tarefa sobre os ombreiros dos xigantes que nos precederon”.

A música acompañou a xornada coas interpretacións de Blanca Bello Sobral (viola) e Carlos García Amigo (violonchelo), que ofreceron un repertorio de distintas épocas: o Vox nostra resonet (Organum do Codex Calixtinus, s.XII); e o Affetuoso da Sonata Primeira de Les Delices de la Solitude, de Michel Corrette (1707-1795).

Así mesmo, as persoas asistentes ao acto tamén puideron desfrutar da voz de Faia Díaz Novo, que interpretou pezas da tradición oral procedentes do Arquivo Lomax e do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Fillas de Casandra presentan “Tertúlia”
Next: José Suárez, referente da fotografía galega nos Luns do Ateneo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.