Muros, 7 de outubro do 2020 – O concello de Muros organiza este venres un debate sobre o papel da muller no ámbito da cultura.
O coloquio terá lugar Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros a partir das sete da tarde. Para participar é preciso inscribirse no 981762294.
O encontro busca a creación de referentes para a normalización do papel da muller na cultura. Servirá para mostrar experiencias innovadoras e coñecer de primeira man a vivida por tres mulleres de especial relevancia.
A batería do grupo Agoraphobia, unha banda de rock formada só por mulleres, Paula Rego; a directora e guionista de cine Olga Osorio; a xornalista Belén Regueira e a artista visual Lula Goce serán as encargadas de charlar sobre as súas vivencias en áreas tan distintas da cultura.
O encontro conta co patrocinio do concello de Muros e a participación do Xacobeo 2021, a Xunta de Galicia, e a Dirección Xeral de Política Lingüística.
