Bisbarra, 28 de agosto do 2020 – O concello de Muros informa a través da súa páxina web de novos postivos por Coronavirus nun local de hostalería.
O pasado día 20 o concello pedía axuda para localizar a posibles contactos da pensión A Vianda, pechada por Coronavirus. Onte era a
Cervexaría O Caldeirón , situada na praia de San Francisco, a que informaba dun positivo. As primeiras probas ao resto de traballadores deron negativo e no resto do concello o número mantense en 18.
As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.
Actualizacións
Segue sendo complicado coñecer a situación exacta de todos os concellos xa que non todos os municipios dispoñen delas. Na Área Sanitaria Santiago Barbanza o número de infectados por Coronavirus pasou dos 382 de onte aos 404 de hoxe.
Compostela mantén aberto o brote de Correos que se mantén en principio nos 12 afectados e baixo vixianza a Residencia de Maiores de Volta do Castro cun positivo nun traballador e o resto de probas realizadas negativas.
A isto sumouse onte a incerteza nas Cancelas. Como informábamos a primeira hora, tiñamos datos dun positivo nunha das empresas e negativos os seus contactos máis estreitos. O Centro Comercial, dados os rumores existentes emitía un comunicado no que informaba nos seguintes termos “No se ha producido un brote infeccioso en el centro comercial. Se han identificado tres casos de positivos aislados que corresponden a personas asintomáticas, sin relación entre sí y que se han detectado gracias a los rastreos externos puestos en marcha por las autoridades sanitarias”. O comunicado non gustou en moitos dos seguidores da páxina que recriminaron a tardanza en comunicalo, unha actitude que se repite en case que calquera publicación relacionada con casos de Covid.
Oroso cancela actividades
O concello de Oroso non informa de positivos aínda que onte decidía ” suspender desde esta noite as actividades da Semana Cultural 2020, como medida de prevención e co único obxectivo de preservar a seguridade e saúde da veciñanza”. Desde o concello explicába que sse trataba dunha decisión dificil “tomada despois dunha análise pormenorizada e tendo en conta numerosas cuestións, pero para o concello o primeiro é a seguridade da veciñanza”.
Outros concellos
Ordes informaba onte dun novo positivo por Coronavirus co que o número a 16, todos en illamento domiciliario.
A Baña subía a 8 o número de afectados por Coronavirus ao dar positivas dúas das probas realizadas entre os contactos dos gromos activos na vila.
Silleda chega tamén a 8 positivos, Vila de Cruces un e Lalín sube ata os 21 afectados.
A Estrada ten cinco casos activos entre os que se atopa un neno de 11 anos.
As causas de estes gromos seguen sendo na maioría dos casos reunións familiares nas que se achegaron invitados de fora. Moitas de estas celebracións en torno ao 15 de agosto.
