Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Muros

Reclaman a titularidade pública para a Illa da Creba

O Bloque Nacionalista Galego leva ao Parlamento unha iniciativa para devolver a titularidade pública á Illa da Creba.
muros noia illa da creba 20 maio 2022 (1)

Bisbarra, 20 de maio do 2022 – O Bloque Nacionalista Galego leva ao Parlamento unha iniciativa para devolver a titularidade pública á Illa da Creba.

Os nacionalistas apoian a petición que impulsa a Plataforma pola Recuperación da Illa da Creba. Os responsables deron unha rolda de prensa en Esteiro para anunciar as iniciativas que levaron ao Parlmento de Galicia por medio da Deputada Rosana Pérez.

Un problema de cen anos

A Illa da Creba está situada na ría de Muros Noia, xusto fronte a Esteiro. Pese a que ata a década dos oitenta non se comezou a reclamar a titularidade pública, foi no 1922 cando uns particulares inscribiron a illa ao seu nome. Aproveitaron un baleiro legal xa que a illa non aparecía no inventario de bens do concello de Muros. Esta circunstancia foi descuberta polos veciños 60 anos máis tarde, cando comezaron a ver que se construía na illa, e comezaron a reclamar a devolución.

Cando no 2007 o Ministerio de Medio Ambiente fíxose con Sálvora, en Muros pediros o mesmo para a Creba.

A Creba no Parlamento

Dentro das iniciativas parlamentarias que anunciou a Deputada atópase unha proposición non de lei para Iniciar o procedemento correspondente para que a Illa da Creba volva á titularidade pública da Xunta de Galiza.

Elaborar de inmediato un informe de todas as obras, actuacións e actividades que  se levaron, e se están a levar a cabo na Illa e se as mesmas contan con todos os permisos e autorización obrigatorias.

Realizar os estudos necesarios relativos aos valores medioambientais da Illa e dos fondos mariños que permitan valorar a súa cualificación como espazo protexido, segundo a lexislación vixente.

A iniciativa inclúe unha serie de preguntas que expliquen como é posible que exista un establecemento hostaleiro de luxo que anuncia a illa en portais estranxeiros como unha illa privada turística, sendo coñecedores das irregularidades que existen na inscrición da illa polos supostos propietarios no rexistro do concello de Outes, estando en territorio do concello de Muros, e habendo, ademais diferentes ordes xudiciais de paralización e derribo de obras que alí se fixeron.

Rosana Pérez insistiu en que o BNG apoiará, en tódalas instancias necesarias, incluso no Congreso dos Deputados, as xustas reivindicacións da veciñanza da ría de Muros e Noia, constituída en plataforma veciñal. 

O representante da plataforma pola Recuperación da Illa da Creba, Rodrigo Romero (Bolato), dixo que o sentir do pobo de Esteiro principalmente, pero o de todo o concello e da ría, é o de mobilizarse ata conseguir que a illa volva a titularidade pública, porque sempre foi un baldío comunal, como así quedou explicado no libro recentemente publicado pola Fundación Galiza Sempre, autoría de Francisco Abeijón, A illa da Creba. Un baldío Comunal.

A concelleira Maruxa Martínez, do BNG de Muros,  explicou que levarán ó Pleno as peticións da plataforma, para defender e reclamar a devolución da illa para o pobo.

Post navigation

Previous: As Brigadas Deseucaliptizadoras intervirán no monte de Vila Cova en Lousame
Next: A andaina inaugural da ruta Rosalía nos Camiños reuniu a 150 camiñantes

Máis novas

muros-mostra-teatro-slide-30-abril-2024_r
2 minutes read
  • Axenda

XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo

Print
2 minutes read
  • Muros

Dez días de Entroido en Muros

elefante-elegante-kiyoki-slide-en-muro-23-xaneiro-2024_r
4 minutes read
  • Axenda

Elefante Elegante estrea “Kyoki” que aborda o tema do Alzhéimer

pellets-manifestacion-Serea-pellets-Leandro-slide-11-xaneiro-2024_r
3 minutes read
  • Muros

A aseguradora está falando cos concellos para encargarse da limpeza dos pellets

adega-plasticos-praias-slide-5-xaneiro-2024-(2)_r
3 minutes read
  • Muros

Microplásticos levan días chegando as praias do Barbanza

xeodestino-ria-muros-noia-slide-4-maio-2020_r
2 minutes read
  • Muros

A Xunta di que a Confraría “non ten intereses lexítimos” no caso do verquido de San Finx

verdegaia-minas-san-finx-slide-4-outubro-2019_r
2 minutes read
  • Lousame

Preocupación pola autorización dun vertido á empresa mineira de San Finx

muros-xunta-reform-centro-socio-comunitario-slide-3-marzo-2021_r
1 minute read
  • Muros

Novo impulso para a reforma do Centro Socio Comunitario de Muros

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.