Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

Muros, casas e cerámica romana no Castro da Croa

Os traballos realizados na Pobra do Caramiñal confirman que no Castro da Croa deixaron a súa pegada os romanos.

a pobra castro da croa slide 12 decembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal organizou, en colaboración coa Comunidade de Montes San Isidro de Postmarcos, unha visita guiada para descubrir á veciñanza parte dos resultados dos traballos realizados no Castro da Croa de Postmarcos.

As investigacións levadas a cabo deron os seus froitos segundo indicou a directora da escavación, Lupe Castro (da empresa Tempos Arqueólogos). Estes labores permitiron confirmar que o Castro da Croa estivo longamente ocupado e contou cunha extensa actividade. Segundo os traballos de escavación, tanto os galaicos como os romanos deixaron a súa pegada no xacemento.

Como apunta a directora da escavación, os achados apuntan a que a zona onde se executaron os traballos tería unha ocupación pertencente á Segunda Idade de Ferro. As seis sondaxes feitas pola empresa serviron para localizar abundante material cerámico de orixe romana.

Con todo, tal e como explicou a directora, ao non haber unha estrutura asociada a estes, non se pode determinar se houbo ou non ocupación do Castro da Croa por parte dos romanos. Así mesmo, descubríronse os restos dunha casa con forma circular e, a priori, de grandes dimensións.

Antiga muralla

Estes labores permitiron confirmar, ademais, a existencia dunha antiga muralla de pedra na zona da croa duns 2 metros de ancho, un achado que reafirma a importancia e a potencia deste Castro da Croa en termos defensivos.

O alcalde, José Carlos Vidal, que tomou parte na visita guiada, valorou os resultados da escavación “que nos permiten seguir afondando na historia deste xacemento, un dos máis importantes e singulares da comarca”. O rexedor agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia e o interese e implicación dos veciños e veciñas que participaron na actividade.

A escavación contou cun investimento de 18.000 euros asumidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Lumedoloop
Next: Abraham e Isaac móstranse a Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.