Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Eleccións 2027
  • Entrevistas
  • Val do Dubra

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026

Entrevistas con alcaldes e actuais concelleiros de cara ás eleccións municipais de maio do 2027. Todas as entrevistas completas en https://buymeacoffee.com/lindeiros

Val do Dubra, 05/10/2026 – Diego Luís Díaz foi unha das sorpresas das últimas eleccións municipais; o partido socialista pasou de 2 a 3 concelleiros, empatando con ANOVA, coa que formaron unha coalición de goberno que superaba aos 5 concelleiros do Partido Popular.

O líder de ANOVA, Antonio Negreira, foi alcalde entre o 2015 e o 2019; un mandato moi duro no que a oposición, PP e Terra Galega, non permitiron nin que formara Xunta de Goberno Local sumindo ao municipio nunha parálise absoluta. No 2023 permitiu que o alcalde fora Diego Luís Díaz e exercendo en esta ocasión de primeiro tenente de alcalde.

Unha parte da historia de aquel mandato a tedes na entrevista que lle fixemos no 2015 a Antonio Negreira e que podedes escoitar aquí https://lindeiros.net/https-lindeiros-net-antonio-negreira-alcalde-de-val-dubra-%e2%86%97/

Diego Luís Díaz viña de estar catro anos asesorando a Blas García en Ames polo que a vida municipal non lle era allea. Cando pedimos unha valoración do mandato explica que tiña claro que o goberno era unha posibilidade real, xa fora do partido socialista ou de ANOVA. Cualifica o mandato de complexo pero moi ilusiónante. Preguntámoslle que aprendeu en estes tres anos e explica que a ser aínda máis paciente do que é, e a adaptarse ás circunstancias.

O mandato estivo marcado por un asunto que segue presente. A intención de construír un vertedoiro en terreos de Val do Dubra mobilizou á veciñanza e ao concello para opoñerse de todos os xeitos posibles.

Outro dos temas recorrentes cando falamos dos pequenos concellos é o económico. Diego Luís Díaz explica que Val do Dubra goza dunha boa situación económica pero que se debe a unha moi baixa execución nos anteriores catro anos. Ademais diso o alcalde da un dato moi rechamante, no que vai de mandato leva 8 secretarios, algo que complica a xestión administrativa ao máximo.

Tedes a entrevista completa, na que afondamos en todos estes temas, no seguinte enlace https://buymeacoffee.com/lindeiros/municipais-2027-diego-lus-daz-alcalde-de-val-dubra-5164471, e si queredes podedes colaborar con Lindeiros para manter unha información veraz e de proximidade.

Un dos proxectos que sae dun longo túnel é o polígono industrial. O primeiro paso, a compra dos terreos, está por fin dado; un expediente de vinte anos que por fin remata pero que demostra tamén que queda moito por facer.

Pero para Diego Luís Díaz si hai un proxecto polo que hai que pelexar e pola mellora da estrada con Santiago, concretamente en Portomouro. Por ese punto pasan cada día 8.000 vehículos e a solución é complexa xa que implica a varias administracións e un forte investimento pero o alcalde fala de altura de miras.

Diego Luís Díaz, ao que durante toda a entrevista chamamos Diego Luís García polo que pedimos desculpas, fai gala da súa paciencia e da súa calma; algo imprescindible para ser alcalde no rural galego.

Non parece preocupado polas vindeiras eleccións, probablemente por que comparado co anterior mandato aquí en este traballouse arreo desde o goberno de coalición. É outro de eses alcaldes mozos que, fronte ao desánimo de moitos, demostra que hai relevo e que hai que confiar nos que veñen. Sen política non hai concellos e para a política fan falta políticos.

Post navigation

Previous: A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias
Next: XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.