Vedra, 21 de setembro do 2026 – O cuarto mandato para Carlos Martínez non foi doado. Comezou cunha baixada no censo que obrigaba a axustar cinto e orzamentos. A medio mandato dicíanos nunha entrevista que todos os anos son duros, unha afirmación que calquera alcalde un pequeno pobo corroboraría.
Comezamos pedindo unha valoración de estes tres anos e a palabra que Carlos Martínez elixe é traballo, polas circunstancias locais pero tamén polo contexto nacional e mesmo internacional.
Como di Carlos Martínez, Vedra é un concello que se distingue polos servizos e pola colaboración coas asociacións, os equipos deportivos, as parroquias… pero no capítulo de servizos hai un que nos últimos anos creceu ata converterse nun piar fundamental do rural galego, co custo que iso implica. O servizo de axuda a domicilio, SAF, supón un custo cada vez máis difícil de manter.

O alcalde di ademais algo moi importante; xa que a xente envellece e a demanda e cada vez maior, tal vez sexa hora de pensar en como se constrúen as casas, no coliving e alternativas similares.
Podes escoitar a entrevista completa en https://buymeacoffee.com/lindeiros/municipais-2027-carlos-martnez-alcalde-de-vedra Se che gusta o noso traballo apóianos subscribíndote ou convidándonos a un café virtual
No Val do Ulla este mandato acolleu un debate que pasou bastante desapercibido, en certo modo polas labores mediadoras do equipo de Carlos Martínez. A ampliación do número de viñedos das marcas máis grandes da D.O. Rías Baixas preocupou aos pequenos produtores, a maioría en esta zona.
Si hai máis produción hai un risco de baixada de prezos que vai afectar sempre máis a eses pequenos produtores. O debate chegou a un consenso entre produtores pero apareceu unha preocupación derivada na veciñanza, a convivencia co uso de produtos fito sanitarios. O alcalde avanza que se traballa nunha ordenanza que o regule.
O mantemento dos servizos e do concello en xeral parece ser o eixe principal de este mandato. Preguntamos a Carlos Martínez que retos quedan por cubrir ata maio do 2027, data das seguintes eleccións.
Carlos Martínez Carrillo é de eses alcaldes aos que un pode entrevistar sabendo que coñece ben o seu concello. Este mandato foi tamén vogal da Federación Española de Municipios e Provincias e aínda así está ao cabo de como van todos os proxectos, das demandas da veciñanza e mesmo do que sucede na redonda.
As eleccións son cada vez algo máis difícil de descifrar, pero non se lle ve preocupado. Esta actitude a teñen certos alcaldes da bisbarra pero tampouco é tan habitual, levar gobernando 15 anos, comezou en minoría no 2011, supoñemos que axuda bastante.

