Compostela, 26 de marzo do 2019 – Afundación remata o ciclo de cinema «Mulleres» na sede compostelana (Vilar, 19) coa proxección, a partir das 20.00 h, de Muchos hijos, un mono y un castillo. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Muchos hijos, un mono y un castillo (Gustavo Salmerón, 2017). Julita cumpriu todos os seus soños: ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, pero coa crise económica ten problemas para manter o impoñente inmoble. Con iniciativa e tacto consegue manter a familia a flote.
Todas as películas que conformaron este ciclo contan con mulleres como protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. Mulleres diversas, brillantes, valentes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida.