Recuperamos a sección Movendo os marcos xa que pode ser máis necesaria que nunca. Precisamos saír, con seguridade, e sacudir o po despois dun tempo tan estraño.
Achegámonos ata Bueu para falar con Jordi Laure. É un dos organizadores do SonRías Baixas que se celebra cada ano en esa vila do Morrazo. Un festival que cada ano atrae a tanto visitante como habitantes ten o pobo
O SonRías aseméllase no formato ao Resurrection ou ao de Cans. Preguntamos si estamos desenvolvendo un modelo de festival moi particular e perfectamente integrado en pequenos pobos
O Festival tivo edición no 2020 pero dun xeito moi limitado. A solución que atoparon para este ano foi a de crecer en días. Menos concertos en cada xornada, o que permite un maior control, e máis tempo para que os visitantes disfruten da contorna
Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros
A proposta funcionou porque algúns dos días xa teñen agotadas as entradas. Esperan que sexa unha edición moi especial xa que os músicos están desexosos de actuar e mostrar o que levan un ano e medio gardando
Seguiremos descubrindo opcións como o SonRías, movendo os marcos para dar espazo á cultura. A cita a Bueu, a Ons, ao Morrazo en xeral é sempre un bo xeito de pasalo día pero agora xa tedes unha razón máis.