Movendo os marcos, 23 maio 2022 – O PortAmérica é un dos festivais máis orixinais de toda a península. Este ano chega a súa décima edición e faino dando exemplo de fortaleza. Tras dous anos de pandemia o evento volve para dar a saída ás citas musicais do verán galego.
Este ano engaden dúas sesións vermús na Tafona de Caldas. O habitual ShowRocking reunirá coma sempre a cociñeiros de talla internacional e engade un apartado de pastelería como novidade-
PortAmérica
Creado en 2012 por Esmerarte, axencia galega de promoción artística e xestión cultural, celebrou en 2019 a súa 8ª edición esgotando por segundo ano consecutivo as entradas congregando en Caldas de Reis a máis de 28.000 asistentes. Todo un fito para unha proposta cultural innovadora que transcende o musical e un ano máis tendeu pontes a ambos os dous lados do Atlántico, brindando aos seus asistentes o mellor de cada recuncho do mundo.

PortAmérica é un exemplo de dinamización cultural e turística e un revulsivo para a economía da Provincia. Na súa última edición xerou máis de 400 postos de traballo, un impacto económico de 4,7 millóns de euros e 100% de ocupación hostaleira en Caldas de Reis e a súa área de influencia.


En primeira persoa

Falabamos con Carlos Rodríguez, co director de Esmerarte, en xuño do 2018 a carón dos escenarios do Son do Camiño. Retomamos a conversa catro anos e unha pandemia despois na sede do PortAmérica. Comezamos preguntan por estes dous últimos anos nos que o sector cultural tivo que, como el mesmo di, sobrevivir

Este festival será o primeiro do verán galego. Polo momento hai concertos en salas e aínda que xa se celebraron festivais en outras partes do estado, este será o primeiro do verán galego e volve reforzado
O outro director da produtora e fundador da mesma, Kim Martínez, explicaba na presentación as liñas musicais que marcarán esta edición do PortAmérica, moi vinculadas coa outra beira do Atlántico

Unha das particularidades do PortAmérica é combinar os concertos co traballo en directo de cociñeiros. Pepe Solla foi desde a primeira edición o coordinador de esta parte do festival- Solla explica como o que comezou como un experimento hoxe é algo único no mundo dos festivais

Máis PortAmérica

O documental “Esa maldita felicidad” rodouse ao longo de dous anos nunha ducia de localizacións. A intención contar como se organiza un festival tan complexo no que se mesturan estrelas da música coas da cociña. Como os organizadores din “o resultado é unha road movie de cociñeiros, músicos e cociñeiros músicos”
Entradas e cartaz
Si queredes acudir tedes toda a información na web do PortAmérica 2022
