Vilagarcía, 3 de novembro do 2020 – O Curtas Festival de Vilagarcía ven de pechar a súa edición máis inimaxinable como eles mesmo din.
Máis o Curtas Festival aínda ofrece actividades xa que as exposicións permanecerán abertas hasta o 22 de novembro e as proxeccións rematan o vindeiro Sábado 7 de novembro co filme “It”.
Unha edición complicada
Desde a organización do Curtas explican que foi unha edición moi complicada “na que houbo que lidiar con cambios nos horarios de programación, e preventivamente plantexar varios posibles escenarios e situacións con antelación. En ocasións adiantando os horarios de proxección, procurando os cambios mínimos posibles para no confundir á audiencia, e noutras facendo cambios de voo ou facendo o evento con conexión en directo con invitados que a escasas horas de vir ao festival, non puderon desprazarse finalmente dos seus lugares de residencia no territorio nacional”.
O único cambio pendente, alongará o festival ata o vindeiro sábado día 7 de novembro, coa proxección da longametraxe “It” do ciclo Restrospectiva: Os Pesadelos de Stephen King, que en principio farase no Auditorio. As entradas xa reservadas seguen activas e aínda e posible reservar praza na Web e Apps de Curtas.
Unha edición con mensaxe
A decisión de realizar o festival no canto de suspendelo tomouse porque segundo a organización “era necesario enviar á mensaxe de que a cultura é segura, e ofrecer un respiro á xente para evadirse un intre dunha realidade que supera calquera ficción”.
Dende un primeiro momento estableceuse uns ferreos protocolos de seguridade, coa habitual desinfección de mans e calzado, uso de máscara, reserva e control de acceso con lista de presentes en cada proxección, App móbil para para programación, reservas e votacións, evitando o contacto e o uso de papel.
Os premios
Cos datos das últimas votacións do público e as derradeiras proxeccións do domingo este é o palmarés definitivo do Curtas Festival 2020
Premio do Público “Planet Horror” á mellor curtametraxe
SNAKE DICK (EUA, 2020)
Dir: David Mahmoudieh
Mellor Película
COME TRUE (Canada, 2020)
Dir: Anthony Scott Burns
Premio Especial do xurado Oficial Fantástico
COMRADE DRAKULICH (Hungría, 2019)
Dir: Márk Bodzsár
Mellor película Fantástica Latinoamérica
AL MORIR LA MATINÉE (Uruguay, 2020)
Dir: Maximiliano Contenti
Mención especial Fantástica Latinoamérica
LUZ LA FLOR DEL MAL (Colombia, 2019)
Dir: Juan Diego Escobar Alzate
Premio do Público “Planet Horror” á mellor longametraxe
EVERY TIME I DIE (EUA, 2019)
Dir: Robi Michael
Mellor Curtametraxe Oficial Fantástico
KILLING SMALL ANIMALS (Suecia, 2020)
Dir: Marcus Svanberg
Mellor Curtametraxe de Animación
EL LIBERTARIO (Colombia, 2019)
Dir: Eugenio Gómez
Mención Especial do Xurado
CANDELA (España, 2020)
Dir: Marc Riba & Anna Solanas
Mellor director Curtametraxe
MALAKOUT (Irán, 2020)
Dir: Farnoosh Abedi
Mellor Curtametraxe Galega
LA PENUMBRA (España, 2020)
Dir: Dani Viqueira
Mellor Dirección Galega
MARE (España, 2019)
Dir: Guille Vázquez
Mellor Curtametraxe Outros Xéneros: Ficción
A LA CARA (España, 2020)
Dir: Javier Marco
Mellor Curtametraxe Outros Xéneros: Documental
NAROTE (España, 2019)
Dir: David Vázquez
Premio Roberto Camba á Mellor Videocreación
NIMTI (España, 2020)
Dir: Juan Francisco Calero
Premios honoríficos Curtas 2020
MIGUELANXO PRADO, PAULA CONS, JUAN CARLOS FRESNADILLO
Curtas Festival do Imaxinario contou co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Cafés Candelas, Gadis e Planet Horror.