Movendo os marcos, 11 de novembro do 2024 – Hoxe movemos os marcos ata Coruña por unha boa causa, o concerto solidario con Valencia que organizaron distintas industrias culturais.
Terá lugar mañá martes día 12. En Coruña estarán Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, mariagrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarro. SOM VALENCIA é o nome de esta acción solidaria.
A iniciativa nace entre axentes do sector musical e adoptada pola industria, propón recadar fondos que se destinarán integramente ás persoas afectadas pola DANA a través da Fundación Horta Sud, unha organización sen ánimo de lucro con máis de 50 anos de actividade dedicada a promover a asociación entre persoas e fortalecer o tecido cultural e social dos municipios afectados.
Artistas de todos os estilos, salas e profesionais do sector únense nun evento múltiple, que terá lugar en diferentes cidades de España desde hoxe.
O concerto da Coruña, o único en Galicia, terá lugar mañá martes 12 a partir das 19.00h en Inn Club, que cede a sala para o evento, e as entradas (18€ ) xa están á venda en DI , que non cobrará comisión para garantir que o 100% do diñeiro doado polo público asistente chegue ao seu destino.