Seguimos Movendo os marcos para coñecer esas actividades que están máis alá da bisbarra de Compostela e viaxamos ata o PortAmérica, un festival que volve esta fin de semana.
PortAmérica volve nunha edición que leva o alcume de Origen e na que tentan volver ás raices. Contarán con algúns dos artistas fetiche do festival como Xoel López que reúne de novo a Deluxe, Lepunk, Vetusta Morla ou Carlos Sadness. 8 sectores burbulla garantirán a seguridade sanitaria e que a xente poida estar de pe.
Falamos con Carlos Rodríguez, un dos fundadores e codirector, quen nos conta como naceu. O PortAmérica tivo uns comezos de constantes cambios. Do Cultura Quente ao Vigo Transforma para chegar finalmente ao nome e o modelo que acabo consolidándose
Esta edición muda lixeiramente a súa ubicación xa que pasa de Caldas a Portas, apenas un kilómetro e medio de distancia
Como dicíamos PortAmérica recupera moitos dos artistas clave no festival, é moi esperada a reunión de Deluxe que toca esta mesma noite pero hai tamén moito máis que disfrutar na fin de semana
En Movendo os marcos falamos a miúdo dos festivais que suceden en pequenas vilas. Carlos Rodrípez opina que esto sucede polo apoio de estes concellos á cultura, apoio que por desgraza non dan as grandes cidades do país
O PortAmérica comeza hoxe e animará a Azucarera de Portas ata o domingo. Conta cos apoios do Xacobeo, Agadic e Estrella Galicia. Un evento máis que sumar a esa axenda de grandes festivais en pequenos lugares, algo que comeza a ser marca galega.