Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Movendo os marcos

Movendo os marcos: XXXVIII Festival de Pardiñas, Guitiriz

Fotos Rueda de Prensa Pardinhas Estrella Galicia 14 slide_r

Table of Contents

Toggle
      • Lindeiros é o xornal da bisbarra de Compostela, con Movendo os marcos queremos levarte máis un pouco máis alá, aqui tes de todo pero ampliar horizontes nunca está de máis. 
  • Guitiriz, 29 de xuño do 2017 – O Festival de Pardiñas é a cita máis lonxeva dos festivais de verán en Galicia e cumpre este ano 38 edicións.
    •  Unha cita histórica
    •  Un programa único e gratuíto
Lindeiros é o xornal da bisbarra de Compostela, con Movendo os marcos queremos levarte máis un pouco máis alá, aqui tes de todo pero ampliar horizontes nunca está de máis. 

Guitiriz, 29 de xuño do 2017 – O Festival de Pardiñas é a cita máis lonxeva dos festivais de verán en Galicia e cumpre este ano 38 edicións.

Si a eses 38 anos lle sumamos que está organizado por unha entidade sen ánimo de lucro o Festival de Pardiñas convértese nun milagre cultural nunha época pouco acostumada a xenerosidade.

Alfonso Branco, un dos membros máis antigos da Asociación Xermolos, foi o encargado de presentar o festival ante os medios acompañado por Davide Salvado, un dos artistas que despregarán o seu talento na edición deste ano, e Víctor Mantiñán, Product Manager de SON Estrela Galicia e 1906, que de novo apostou por un festival único, con selo 100% galego pero vocación internacional.

 O festival de Pardiñas “non só é música  aínda que a música é o prato principal” ao longo dun fin de semana, en Guitiriz danse cita grupos tradicionais, así como artesáns e, mesmo, unha exposición de instrumentos tradicionais.

Víctor Mantiñán tamén fixo fincapé nesta idea global da cultura galega: “a tradición de Estrela Galicia apoiando a música tradicional é longa e poucos festivais ocórrenseme que protexan a cultural e a música galega como o Pardiñas”. Un festival que “pode presumir de levar 38 anos”.

 O encargado de pechar a rolda de prensa foi Davide Salvado, que actuará o domingo 6 de agosto: “sempre reservo as datas do Pardiñas para desfrutar porque me achega moitas cousas e tamén persoais, e este ano ademais, vou actuar”.

 Unha cita histórica

 O Festival de Pardiñas, situado na zona do antigo balneario de Pardiñas, é o festival máis lonxevo de Galicia, con 38 edicións consecutivas ás súas costas e unha longa tradición popular. Trátase dunha cita na que se involucra todo o pobo, onde todos os traballadores son voluntarios e onde a Asociación Xermolos é a encargada de aglutinar os esforzos de todo un colectivo, que se envorca en desenvolvemento dunha festa que transcende o concepto de festival clásico.

Conta cun certame de debuxo escolar, unha mostra de artesanía e unha carreira popular que están presentes desde a súa primeira edición, e desde hai xa anos incorporou tamén a mostra de instrumentos e o certame de cantos de taberna, que agora forman xa parte indisoluble do festival.

 A cita de Pardiñas, a máis lonxeva de Galicia, conta con visitantes asiduos entre os que se poden atopar artistas da talla de Manuel María, Díaz Castro, Neira Vilas, Xurxo Souto…

 Un programa único e gratuíto

O Festival Pardiñas deste ano arrincará o venres 4 de agosto coa celebración do V Certame de Cantos de Taberna, unha das citas máis diferenciais e curiosas que encherá a hostalería de Guitirz co talento dos seus propios fregueses e moitos outros foráneos, servirá como pistoletazo de saída nun fin de semana que combinará música, artesanía, tradición e innovación.

 O sábado 5 pola tarde abrirá as súas portas a XXVIII mostra de instrumentos de música tradicional, outro dos elementos diferenciais dun festival que soubo apostar por encumbrar a tradición revestíndoa dunha actualidade innegable. Ducias de artesáns daranse cita na contorna mostrando o seu talento a quen se anime a achegarse, e que tamén poderán gozar da XXXVIII Mostra de Artesanía, un fito que formou parte do festival desde a súa primeira edición e que cada ano congrega a máis profesionais e público.

 Tras o pregón de Antón Curral chegará o momento da XXXVIII Carreira Popular, e dos concertos, que inaugurará Fernando Meireles (Portugal), e que contarán sobre o escenario con Bloquinho de Xermolos (Galicia), Vos Melidaos (Galicia), Quique Escamilla (Mexico), Kalakan & Luís Peixoto (Euskadi/Portugal), Cúig (Irlanda) e Skandalo GZ (Galicia).

 Xa o domingo 6, e tras a sesión vermú a cargo de Vintenbaio, os asistentes poderán gozar das actuacións de Kote Malabar e Vos Viqueiras de Ordes na contorna da Mostra de Instrumentos, xusto antes do pregón a cargo de Fina Casalderrey e da entrega de premios do XXXVIII Certame de Debuxo Terra Chá, que contou con máis de 650 participantes de 53 centros escolares diferentes. O atardecer traerá os pratos fortes da edición deste ano, cos directos de Abóbriga (Galicia), Davide Salvado (Galicia), Yves Lambert Trío (Canadá) e Sacha na Horta (Galicia).

Post navigation

Previous: A brasileira Ceumar na Casa das Crechas
Next: O sector forestal cítase en xuño do 2018

Máis novas

cARTEL CONGRESO SUSTENTABIÑIDADE QUE SE CELEBRARA NO 2027 NA cORUÑA
3 minutes read
  • Xeral

Ricardo García e Cristina García defenden a sustentabilidade no Reino Unido

movendo-os-marcos-concerto-solidario-valencia-slide-11-novembro-2024_r
2 minutes read
  • Movendo os marcos

Movendo os marcos: música para Valencia

forum-gastronomico-slide-18-marzo-2024-(1)_r
3 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Galicia Fórum Gastronómico

Festival-de-las-Ideas-slide-2-6-setembro-2023_r
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Festival das Ideas e a Cultura

Festigual 2021. Dj inclusivo.23/11/21
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os Marcos: XII Encontro Artes pola Integración

compostela-esencia-do-minho-slide-4-abril-2023-(1)_r
2 minutes read
  • Axenda

Movendo os Marcos: Essencia do Minho

Proxecto-Lugares-slide-29-marzo-2023_105103_r
3 minutes read
  • Movendo os marcos

Movendo os Marcos. Proxecto Lugares

festival en cordas 15 xunho 2022
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Encordass Fiddle Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.