Maña luns, 23 de outubro, comeza o Curtas Fest, o Festival de Curtas de Vilagarcia, Decano dos festivais cos seus 45 anos as costas e que nas últimas edicións incorpora a banda deseñada e a longametraxe na procura de unha nova identidade.
O Curtas Fest tivo a previa hai unha semana cando inaugurou unha exposición dedicada ao universo Star Wars e aos artistas Esteban Maroto, Luis e Rómulo Royo. A mostra situada na sala Rivas Briones estará aberta ata o mes de Nadal e ofrece, na planta baixa, unha reprodución do Porto Espacial de Mos Esley, escea mítica da primeira película. Na segunda planta sitúase baixo o nome de Visións dunha Galaxia moi lonxana unha homenaxe ao universo Star Wars a través da arte de recoñecidísimos artistas como Tsuneo Sanda, Juan Giménez, Salvador Larroca,Mo Caró, Enrique Vegas, Nekro ou o recentemente falecido Alfonso Azpiri, entre moitos outros. Aqui tamén unha mostra da obra gráfica de Esteban Maroto e de volta na planta baixa máis dibuxos en este caso de Luís e Rómulo Royo, dous recoñecidos ilustradores.
Aproveitamos a exposición para falar con Luís Rosales, director do Curtas Fest. De Rosales di a Wikipedia que é publicista e xornalista, especializado en cinema fantástico. Director da revista e web Scifiworld Magazine, fundada en 2005. Dirixiu durante dous anos a revista SciFi.es para a canle de televisión SyFy. Tras esa experiencia, comeza a editar Scifiworld Magazine en papel a partir de abril de 2008. Paralelamente, colaborou con publicacións internacionais como a Fangoria, Nocturno ou L’Ecran Fantastique, da que é correspondente en España, e formou parte do xurado de numerosos festivais como o Festival de Cinema de Sitges, Neuchâtel International Fantastic Filme Festival, Fantasporto ou o Fant de Bilbao, entre outros.
[columns]
[column size=”2/3″]No 2015 o chaman para dirixir o Curtas Fest nun momento crítico para o certame, tan crítico que si Luís non se facía cargo desaparecería polo que como el mesmo explica non lle que dou máis remedio
Luís Rosales vota de menos máis apoio, non é só o Curtas Fest, que con 45 anos de antigüidade debería estar consolidado, son todos os que se celebran e pon como exemplo as cifras do de Sitges ou do de San Sebastian para facernos ver o lonxe que estamos[/column]
[column size=”1/3″][/column]
[/columns]
[columns]
[column size=”2/3″]Os Festivais, e o Curtas Fest non é unha excepción, poden ser unha das mellores bazas para desestacionalizar o turismo, un xeito de prorrogar o verán e seguir tendo visitantes nas vilas
O Curtas Fest ten a vista posta nos 50 anos e atópase nun momento de redefinición. A Banda Deseñada buscará separarse nun futuro e converterse nun Festival ao marxe do Curtas Fest, as longametraxes cobraran máis protagonismo e de cara as bodas de ouro as homenaxes formarán parte do guión pero ata entón a búsqueda de financiamento é unha prioridade. Con todo a nómina de artistas que estes días pasarán por Vilagarcía e impresionante[/column]
[column size=”1/3″][/column]
[/columns]
Se queredes acceder a toda a información podedes facelo a través da web e si queredes saber máis da Asociación que organiza o festival visitar Curtas.org
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”52″ sortorder=”877,876,878,879,880″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” slug=”curtas-fest” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]