Seguimos descubrindo eventos fora do territorio da bisbarra na sección Movendo os marcos. Hoxe achegámonos ata Coruña para falar do Atlantic Pride.
Conversamos con Iván Cervo, un dos directores, que nos conta que a iniciativa naceu no 2018. O obxectivo era crear un evento que reunira distintas expresións artísticas e ao mesmo tempo dera visibilidade ao colectivo LGTBI
Tras unha pequena presentación a finais de aquel ano, a primeira edición chegou en xullo do 2019. O resultado foi bo con moita participación e cumpriuse o obxectivo de fomentar a conversa sobre a problemática do colectivo
A pandemia botou por terra todo o que xa estaba pechado para a edición do 2020. O vindeiro 3 de xullo terá lugar a edición 2021 aínda que non do xeito esperado. O obxectivo e mater a marca de cara ao 2022
Preguntamos a Iván Cervo pola súa visión sobre o colectivo LGTBI no momento actual. Considera que hai ocasións na que o colectivo está dividido e algúns levan as opinións ao extremo o que nunca é bo
Todos os colectivos necesitan visibilizar as súas reivindicacións. O LGTBI hai tempo que loita por unha igualdade que está aínda lonxe de facer realidade. Abrir o debate, conversar en eventos como o Atlantic Pride pode sen duda axudar.