A cultura non ten fronteiras, por iso de cando en vez movemos os marcos da bisbarra para colleitar un pouco máis alá dos lindeiros
Este venres estrease na plataforma Filmin A Illa das mentiras. Escrita por Luís Marías e Paula Cons, foi dirixida pola galega con que quixemos falar da película.
A Illa das mentiras está protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna. Está inspirada libremente en feitos reais, no afundimento do buque “Santa Isabel” frente ás costas da illa de Sálvora en 1921. Este é o punto de partida dun thriller onde o máis interesante non é o naufraxio en sí mesmo, se non as consecuencias que ten nun microcosmos tan pechado e peculiar como o da illa de Sálvora. Tamén é unha homenaxe ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.
Comezamos falando polo que supón ter que estrear nunha plataforma online e Paula recoñece que era algo co que non contaban xa que está rodada para ser vista en pantalla grande
A directora viuse sorprendida por unha historia real moi descoñecida, como tantas outras. e non puido evitar poñerse a traballar para levala a pantalla
Preguntamos por esas historias tan galegas sobre o afundimento de barcos, algo que sempre do que da a sensación que sempre se fala en voz baixa e que está a cabalo entre a realidade e o mito
En certo modo dentro de ese esquecemento se atopa a illa de Sálvora, protagonista da película e que as veces queda asombrada polas outras illas galegas
A película é un disfrute visual que che invita a visitar a illa, iso non impide que se manteña a atmosfera de thriller que a converte nun produto moi atractivo
A produción audiovisual galega vive un dos seus mellores momentos, incluso a nivel internacional e a Illa das mentiras é un exemplo xa que acaba de ser seleccionada para o festival de Shangái
A Ila das mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués e o Programa Ibermedia. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional. Para rematar preguntámoslle a Paula Cons sobre a necesidade de que a iniciativa privada entre no sector audiovisual
A illa das mentiras é a primeira longametraxe de ficción como directora de Paula Cons. Antes dirixira os documentais A batalla descoñecida, (Seminci 2017- DocEspaña, e gañador do premio “Mestre Mateo” ao Mellor Documental), e O caso Diana Quer. 500 días.
Sinopse
Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado.
Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.
Filmin
Con máis de 10 anos de experiencia, Filmin consolidouse como a principal plataforma dixital de cine independiente en España, e no só mantivo o seu sitio coa chegada de novos competidores no mercado estatal de Video On Demand, se non que non deixou de crecer nos últimos anos, como amosa a súa expansión a outros territorios (México, Portugal) ou a súa asociación con Vodafone e Huawei.