Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Movendo os marcos

Movendo os Marcos. Proxecto Lugares

Movemos os Marcos de Lindeiros para achegarnos a unha iniciativa sobre o Camiño de Santiago denominada Proxecto Lugares.
Proxecto-Lugares-slide-29-marzo-2023_105103_r

Movendo os Marcos, 29 de marzo do 2023 – Movemos os Marcos de Lindeiros para achegarnos a unha iniciativa sobre o Camiño de Santiago denominada Proxecto Lugares.

Unha idea que ten como obxectivo transformar o espazo público do Camiño dun xeito sostible e, o máis importante, contando coa comunidade local. Proxecto Lugares desenvolverase en Palas de Rei e Larouco o vindeiro mes de abril.

A iniciativa está impulsada pola Xunta de Galicia e a Fundación “La Caixa”. As comarcas da Ulloa e Valdeorras acollerán un taller e un seminario no que participaran Arquitectas como Izaskun Chinchilla ou María Fandiño, artesás como Verónica Moar ou Inés Rir, e as comunicadoras Anatxu Zabalbeascoa e Ariadna Cantis, entre outras,

Proxecto Lugares foi presentado no Castelo de Pambra, en Palas de Rei e Lindeiros desprazouse ata alí para saber un pouco máis da idea falando con algúns dos responsables. Por parte da Xunta de Galicia estivo Nava Castro,  Directora xeral de Turismo, quen dicía estar moi ilusionada cun proxecto que busca construír e poñer en valor o Camiño de Santiago.

Pola súa banda o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, consideraba un luxo poder acoller a xornada e sobre todo no Castelo de Pambre cuxa rehabilitación é un exemplo de coidado do patrimonio

Pablo José Taboada, alcalde de Palas de Rei

Falamos tamén con Natalia Balseiro, coordinadora do proxecto. Explica que se trata dun proxecto de pensamento que trata de intervir no Camiño e na paisaxe tendo en conta das necesidades dos habitantes e dos camiñantes.

Bixando o concreto tratarase de imaxinar que tipo de espazos se poden habilitar, construir, tendo en conta as necesidades de todos os implicados

A coordinadora destaca a importancia de todos os participantes e pon o foco en Santiago Besteiro como persoa que reúne as características principais do proxecto

Natalia Balseiro, coordinadora de Proxecto Lugares

Xornadas e taller

Os días 18 e 19 de abril celebrarase no Castelo de Pambre un seminario que reunirá a figuras recoñecidas de ámbito galego e estatal, como as arquitectas Ana Amado, Izaskun Chinchilla, Maé Durant, María Fandiño -Premio Nacional 2022-, Carlos Pita ou Carlos Seoane, entre outras; as artesás Verónica Moar,

Julia de la Cal, Inés Rir e Santiago Besteiro; as deseñadoras Amalia Puga e Uqui Permui ou as comunicadoras Anatxu Zabalbeascoa e Ariadna Cantis. Tamén participarán persoas expertas vinculadas ao mundo da paisaxe, como Amparo Maroño, Paola Sangalli e Pedro Calaza, ou investigadoras do espazo rural, coma a artista Estella Julian, ou o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade.

Unha vez finalicen estas xornadas, a localidade ourensá de Larouco acollerá do 20 ao 22 de abril un taller aberto entre as comunidades locais e un grupo de participantes no seminario para imaxinar e desenvolver a maqueta ou prototipo dunha posible intervención no espazo público. Durante estes días realizaranse visitas e paseos polo territorio para identificar os lugares sobre os que as e os asistentes traballarán de forma colaborativa.

Post navigation

Previous: Noia rehabilitará o antigo Estaleiro de Hermida
Next: A SD Compostela cumpre 60 anos e o conmemorará co “Composfest”

Máis novas

cARTEL CONGRESO SUSTENTABIÑIDADE QUE SE CELEBRARA NO 2027 NA cORUÑA
3 minutes read
  • Xeral

Ricardo García e Cristina García defenden a sustentabilidade no Reino Unido

movendo-os-marcos-concerto-solidario-valencia-slide-11-novembro-2024_r
2 minutes read
  • Movendo os marcos

Movendo os marcos: música para Valencia

forum-gastronomico-slide-18-marzo-2024-(1)_r
3 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Galicia Fórum Gastronómico

Festival-de-las-Ideas-slide-2-6-setembro-2023_r
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Festival das Ideas e a Cultura

Festigual 2021. Dj inclusivo.23/11/21
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os Marcos: XII Encontro Artes pola Integración

compostela-esencia-do-minho-slide-4-abril-2023-(1)_r
2 minutes read
  • Axenda

Movendo os Marcos: Essencia do Minho

festival en cordas 15 xunho 2022
4 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Encordass Fiddle Fest

movendo-os-marcos-fisterra-blues-experencie-slide-8-xunho-2022-(2)_r
3 minutes read
  • Axenda

Movendo os marcos: Fisterra Blues Experiencie

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.