Movendo os Marcos, 28 abril 2023 – O Movendo os Marcos de hoxe é un tanto especial porque recolle actividades en Compostela pero a finalidade é mostrarnos a Essencia do Minho, no norte de Portugal.
Desde sempre portugueses e galegos foron turismo de proximidade uns para os outros. O Consorcio Minho Innovación quere coa campaña Essencia do Minho poñer o foco en esa zona, tan chea de cousas que ver e tan próxima as nosas casas.
Falamos con Bruno Caldas, Xerente do Consorcio, para que nos conte de primeira man que podemos atopar no Minho Norte e que traerán a Compostela. Comezamos falando de ese turismo de proximidade que comezou antes de que se lle chamara asi, eles usan o lema “Dous países un destino”
O Consorcio Minho Norte está formado por 24 municipios e tres comunidades intermunicipais (Minho, Cávado y Ave). 4.500 quilómetros cadrados, 50 quilómetros de costa e un millón de habitantes fai difícil condensar todo o que ofrece a zona e convida a máis dunha viaxe. Con todo poñémoslle diante a Bruno o reto de recomendarnos algo do que ofrece a zona
Nas campañas de `promoción do Minho Norte a gastronomía e a música sempre teñen unha presencia importante que tamén se dará en Compostela. O martes catro cunha cea para profesionais e creada a catro mans polos chefs Lucía Freitas, A Tafona en Santiago, e Antonio Loureiro, Cocinha en Guimaraes. O domingo sete co concerto De Minho à Galicia, na Sala Capitol as sete da tarde e para público familiar, no que estarán Xabier Díaz pro Galicia e Daniel Pereira por Portugal.
O Norte de Portugal, cando non todo o país, é un destino habitual dos galegos. Coa pandemia moitos lembraron tempos pasado cando existían as “alfándegas”, aduanas, e outros decatáronse de que temos ao carón do noso territorio outro que ten moito que ofrecer. Un destino que virá a Compostela a vindeira semana en forma de gastronomía e musica, eventos que contaremos tamén en Lindeiros para seguir movendo os marcos.