MOM, 8 de xuño do 2022 – Movémonos ata a Costa da Morte para falar do VI Fisterra Blues Experience, unha cita que comeza este venres 10 e que durará ata o domingo no fin do camiño.
O cartaz de este ano ten razóns dabondo para acudir, por si non fora suficiente o simple feito de visitar unha das zonas máis impresionantes de Galicia. Co apoio do Xacobeo 21-22 pasarán por Fisterra desde Adrián Costa Blues Band a The Vacas (un retorno a casa xa que unha das compoñentes naceu e creceu alí); desde Espiño & Tato ata Guadi Galego ou a Fiesterra House Banda; desde Ilegales ata J.P. Bimeni.
O festival enche esa colección de festivais dos que falamos moito en Movendo os Marcos, eventos en pequenas vilas que as converten pouco a pouco en lugares de referencia musical, ademais de enriquecelos e identificalos.
O evento foi presentado este martes na terraza do Semáforo de Fisterra. A produción corre a cargo de Nordesia, responsable de eventos como o Ari(t)mar ou Maré. Un dos seus referentes é Vitor Belho e con el falamos sobre o Fisterra Blues Experience, unha cita que comezou hai seis anos coa intención de ter o blues como unha metáfora de todo o que pode ofrecer o concello e a comarca
Preguntamos por esa teima nosa de destacar o feito dos festivais que en Galicia converten a pequenas vilas ou territorios en lugares de referencia. No caso de Fisterra é algo a maiores nunha vila que é meta vital para moita xente
Ao longo da conversa Vitor menciona en distintas ocasións o solpor. Pensamos no acertado da palabra, mentres que os máis snobs seguen falando de Ibiza, e teñen como referencia o Café del Mar, en Galicia desfrutamos de moitos espazos onde ver morrer o día, Fisterra é sen dubidalo un deles
Programación
Vitor Belho cóntanos o que poderemos atopar cada xornada no VI Fisterra Blues Experience
Venres
Sábado
Domingo
ABONO E ENTRADAS
O Fisterrra Blues Experience forma parte dos Concertos do Xacobeo. Ademais da Xunta de Galicia, conta co patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Fisterra e Estrella Galicia.