Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

Este domingo comeza a Mostra de Teatro da Pobra

A Mostra de Teatro da Pobra durará os meses de xaneiro e febreiro e comeza este domingo con O caso do cadáver asasinado de Teatro do Asteleiro.

a pobra mostra de teatro 15 xaneiro 2026

A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, presentou unha nova edición da Mostra de Teatro da vila dicindo que “Queremos seguir ofrecendo aos veciños e veciñas unha programación cultural de calidade, con propostas de distintas disciplinas e ao longo de todo o ano”.

O Teatro do cine Elma será o espazo no que se desenvolva ata febreiro esta Mostra de Teatro. Patricia Lojo engadiu que “a actividade congrega un amplo número de espectadores edición tras edición, o que confirma o asentamento desta iniciativa”.

A primeira función terá lugar este domingo, 18 de xaneiro, con O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro. Está protagonizada polo comisario Puertas, que está a investigar a estraña morte do Marqués de Fonseca no seu domicilio. Ao terse atopado unhas notas manuscritas de suicidio, todo parece estar resolto. Porén, o ambiente existente e as cousas que suceden na casa da vítima fan sospeitar ao investigador. A función farase como parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A programación da Mostra de Teatro  continuará unha semana despois, o domingo 25 de xaneiro, con Terapia de grupo, da Asociación Cultural Quemaisten Teatro. A historia está ambientada nunha sala de espera dunha prestixiosa doutora especialista en enfermidades de desorde obsesivo compulsivo. Na función, o público poderá coñecer aos distintos pacientes que chegarán á consulta da médica para ser tratados polas súas respectivas afeccións. A función farase como parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Calendario de febreiro

A Pobra inaugurará o mes de febreiro coa representación de A noiva cadáver, a cargo de Teatro das Maniotas do IES de Brión (domingo, 1 de febreiro). O elenco contará a historia de Emily, que foi asasinada a mans do seu prometido, Lord Barkis. A alma da moza queda atrapada no mundo dos mortos ata que o protagonista, Víctor, casa accidentalmente con ela. Nun xesto de amor incondicional, Víctor decide liberala para poida descansar en paz.

A Mostra de Teatro pecharase o 8 de febreiro con Profetas, de Ítaca Teatro. A función relata a historia dun home e unha muller que se reencontran e tratan de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación: os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde se imaxinaron xuntos. A obra conseguiu o 16º Premio Abrente da MIT Ribadavia no ano 2021. Todas as representacións terán lugar os domingos, ás 19.00 horas no Teatro do Cine Elma. O acceso ás distintas actividades é de balde ata completar a capacidade da instalación municipal.

Post navigation

Previous: Charla en Silleda sobre a depresión
Next: Negreira aproba o orzamento 2026

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.