Compostela, 27 de marzo do 2018 – Este xoves a cantora Mónica de Nut e o músico Luís Martíns (harpas celtas, acústica e eléctrica) presentarán na casa das Crechas o seu novo disco, ‘Raíces Aéreas’ (Freecode 2018). A cita as nove da noite e cun prezo de 5€.
Dende as raíces musicais galegas agroman os sons aéreos da harpa de Luis Martinez e a voz de Mónica de Nut. Cancións de composición propia e revisión da tradición son o repertorio de este novo duo que ven a aunar ambas traxectorias artísticas; a de Luís Martínez bebe da tradición e a de Mónica de Nut do eclecticismo.
Neste novo disco colabora tamén Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros. O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, Mónica de Nut e Luís Martíns recrean esa herdanza achegando as súas ás mediante a voz e a harpa.
‘Raíces Aéreas’ complétase en directo nun espectáculo no que incorporan deseño de luces e proxeccións a cargo de Laura Iturralde e o deseño sonoro de Isaac Millán. A música de raíz está ligada irremediablemente ao baile. Tal e como recrean musicalmente ao seu xeito os cantos ancestrais galegos, así recrean coas súas coreografías Isabel Sanchez e Leodán Rodríguez. A súa música materialízase na sua danza contemporánea.
Mónica de Nut é licenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Ten publicados dous discos como solista (Mónica de Nut trío no 2011, ‘Dos Fíos invisibles chegan as cores’ no 2014 e agora ‘Raíces Aéreas’ no 2016). O seu primeiro disco en solitario, Mónica de Nut trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz. Froito da sua formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance… Participa con Mercedes Peón no proxecto ‘Déixaas’ que se estrea o vindeiro Abril
Luís Martíns é un músico e luthier vigués, formado con Rodrigo Romaní. Foi harpista na orquesta de música tradicional Sondeseu e no cuarteto folk Areoula. Durante a sua evolución como arpista desenvolveu un particular xeito de interpretación forxando un estilo propio que o caracteriza. Actualmente exerce como luthier no seu taller en Soutomaior construíndo arpas e outros instrumentos de corda e participa en varias formacións musicais como 3Estralos e Primordiais, xunto con Marcelo González, co que está a presentar o disco Droguería Moderna.
