Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Moncho Fernández: nunca soñara con chegar a entrenar ao Obradoiro

Moncho Fernández 014 slide_w

Moncho Fernandez ten voz de doblador e a seguridade do protagonista, creceu nun dos barrios mais coñecidos de Compostela, a Pontepedriña, e gustalle presumir por onde vai de compostelán.

Tiña a vista posta na profesión de maestro pero un bo día o basquet cruzouse no seu camiño “escomenzou no barrio, na Pontepedriña, un equipo de rapaces que non tiña adestrador e incorporeime ocupando ese posto, o que ia ser unha afición transformouse nunha profesión; a paixón é a mesma que tiña daquela, o meu plan de vida era ser profesor de xeografía e historia e dedicarlle o tempo libre ao baloncesto e agora cando me dín si estou a cumprir un soño digo que non porque nunca soñei que podería ser o adestrador do Obradoiro”.

A cidade cambiou moito e agora é doado para os rapaces atopar espazos de lecer pero daquela a trastenda da estación de tren era o lugar no que os cativos xogaban coas bicis ou subían as travesas de madeira que se acumulaban, e foi tamén o espazo dos primeiros entrenamentos de Moncho Fernández “xogábamos na esplanada da estación do tren, colgábamos un aro de bicicleta pegado a un madeiro e xogábamos alí ao baloncesto”.

Por aquel entón era mais doado acabar no futbol que en outro deporte e Moncho recoñécese fillo de Los Ángeles 84 “eu son un pouco fillo daquela medalla de plata de Los Ángeles 84 que significou un boom enorme para o baloncesto en todo o país, unha febre o redor do estado polos Epi, Fernando Martín, Corbalan, Romai, etc e gústame dicir que son fillo de ese boom” ese boom chegou a Compostela e os efectos os viviu en primeira persoa e en parte, como sempre sucede, grazas a un profesor ” No colexio tíñamos un profesor, Pepe Casal, que traíanos a xogadores, en aquel momento inaugurouse Santa Isabel, viu a selección española, aquela rusa de Sabonis, era un momento de moito rebumbio e o Obradoiro viña de baixar da primeira división e estaba na primeira B, sempre ouvo ambiente basquet na cidade”.

Os santiagueses lembramos o vello pavillón do Sar, uns polos concertos, outros polos circos, e Moncho situa alí o seu primeiro recordo “O meu primeiro recordo de baloncesto é subirme a un 600 verde sete persoas, meu pai, eu, un amigo que era o dono do 600, un montón de cativos e marchar polas brañas de Sar a ver xogar o Obradoiro; ademais no barrio había un grupo importante de xente que levaba as empanadas, botas de viño, queixos, era unha festa”.

Moncho menciona a Dylan para recoñecer que os tempos están cambiando pero cre que o Obradoiro conserva moito daquela época “Queda moito daquelo,  o bo que ten este Obradoiro e que misturou por un lado toda aquela xente que ven de ese Obradoiro que fíxose camiñar polo deserto e toda a xente nova que se incorporou, esto o que fai é que volte a ter unha masa de afeccionados enorme que van ao campo, en lugar de comer empanadas comerán bocadillos ou outra cousa pero o obxetivo final é disfrutar, ir alí a pasalo ben e en ese aspecto, como recoñece o premio da ACB a mellor afición da liga, foi un premio non que non houbo ningún tipo de discusión”.

As suas andanzas como adestrador levárono fora da terra e si lle preguntas polo que votaba de menos o ten claro “o bo do viaxante e a volta [] cando chegaba sempre baixaba a dar un longo paseo pola zona vella que é un enclave como non hai en todo o mundo, sentarme nas terrazas, tomar un café; pero si falamos de cousas mais puntuais, menos dramáticas que a familia e demais que sempre se vota de menos, as patacas e o pan como aqui non as hai en ningún lado”.

O último ano foi agridoce para Moncho, os éxitos do equipo misturáronse co pasamento da sua nai, unha perda non so para o adestrador senón tamén para os seus veciños da Pontepedriña onde era moi querida; os recordos mistúranse do mesmo xeito e a vida segue “para ben ou para mal o deporte non para, cando as cousas van mal tes unha oportunidade inmediatamente e cando van ben non podes vivir do pasado, como dicía o outro se non melloras, empeoras; eso xa pasou, foi marabilloso, quedan os recordos e dende o punto de vista anímico, persoal, hai recordos que son para toda a vida; é inevitable cando acaecen estes momentos de éxito, por dicilo de algunha forma, e totalmente imposible esquecer a quenes foron os que se sacrificaron para que ti tiveras esa oportunidade”.

Está seguro que dentro de 15 anos se o Obradoiro segue a ter unha afección tan volcada seguirá tendo apoios, en canto a él, ten claro que seguirá sendo adestrador e quere disfrutar do día a día pero tamén “disfrutar da viaxe que te leva a ser co paso do tempo mellor adestrador e mellor persoa e todo ese tipo de cousas as que un aspira”; falar con Moncho Fernández é relaxante e sae da conversa querendo facer mellor as cousas, así se entende a progresión do seu equipo que seguro continuará na tempada que pronto comezará.

Post navigation

Previous: Centros de información á muller, CIM, na bisbarra
Next: O Mago Vituco, maxia nada en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.