Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde

Mirando cara o Outono Códax Fest

O Outono Códax Fest presenta todo o cartel da súa 16º edición

outono codax 2026

Compostela, 29/07/2026 – O Outono Códax Fest ven de presentar a programación completa da súa dezaseisava edición que terá lugar entre finais de outubro e novembro. Unha cita obrigada que se converte cada ano na referencia musical do outono no noroeste peninsular.

A organización presentar un montón de obxectivos cos que lidar “Reafirmar e sorprender, desfrutar e descubrir, evocar e lembrar, abrir as xanelas ao futuro e manter un ollo no pasado, emocionar e conmover, acoller o descoñecido e abrazar o de sempre…”

Virginia Brown and the Shameless na sala Capitol no Outono Codax Festival
Virginia Brown and the Shameless na sala Capitol no Outono Codax Festival

Calquera que pasara polo festival en estes dezaseis anos sabe que son cuestións que definen a esencia e o espírito do Outono Códax, que dende hai 16 edicións ven achegando a Galicia a nomes que xa son verdadeira lenda das músicas de raíz afroamericanas xunto a artistas emerxentes, que en moitos casos, o eran cando visitaron o festival pero que agora xa son figuras consolidadas de renome internacional.

A edición de 2026 do Outono Códax representa fielmente ese espírito. Cun cartel que destaca pola enorme personalidade e diversidade das súas propostas (con bandas procedentes do Canadá, EE.UU., Reino Unido, Francia e da escena galega) e por unha decidida apertura cara a territorios sonoros nos que conviven o soul contemporáneo, o garage rock, o afropunk, a psicofonía alieníxena e o rock de raíces tradicionais.

Un ano máis, o Outono Códax reafírmase como o gran punto de encontro para os amantes das músicas de raíces e dos directos máis excitantes e viscerais.

Oito datas con doce formacións protagonizarán as citas musicais desta edición. Entre os grandes fitos deste ano sobresae o regreso do incombustible shouter norteamericano Barrence Whitfield, quen se unirá nunha alianza incendiaria aos británicos MFC Chicken para revivir o salvaxe rhythm & blues dos seus inicios.

Así mesmo, a lenda canadense do garage-psych e bluegrass, The Sadies, demostrarán en Santiago por que ostentan o título dunha das bandas en directo máis feroces e respectadas do planeta. E tamén no ámbito das lendas hai que sitúar a presenza de The Fuzztones, auténticas deidades neoiorquinas do revival garage.

A presente edición concede ademais un espazo privilexiado aos grupos que lideran a renovación dos xéneros clásicos en Europa e América. É o caso de DeRobert & The Half-Truths, cun son que bebe do soul, o funk, o rock dos irmáns londinienses; dos irmáns londinienses Kitty, Daisy & Lewis, un trío de virtuosos multiinstrumentistas admirados por figuras como David Lynch ou Amy Winehouse, do soul sedoso e profundo do francés Tiwayo (producido por Adrian Quesada de Black Pumas), ou de MRCY, a formación británica destinada a ser o próximo gran nome do soul contemporáneo no Reino Unido.

A vertente máis lúdica, bailable e insólita chegará da man dos espaciais HENGE e a súa estimulante fusión de rave e rock progresivo, o crisol de tolemia vudú e garage-punk de Oh! Gunquit, o enérxico trío de rock francés Howlin’ Jaws e a potencia vocal e guitarrera da canadense Terra Lightfoot. Como xa é tradición, o festival non esquece o talento máis próximo, encabezado este ano pola psicodelia afropunk de raíces arábigas dos estradenses Skanderani.

Un ano máis, o festival impulsado por Raíña Pro e A Reixa, e baixo o apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax, achegará a Compostela propostas que, baseándose na autenticidade, conectan o legado musical clásico co pulso cultural dos nosos días. O evento conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

ENTRADAS E ABONO

ABONO 5 DÍAS SALA CAPITOL:

– 59€ (+gastos de xestión) para os 70 primeiros

– 65€ (+gx) para o resto

ENTRADAS CONCERTOS SALA CAPITOL:

– 24€ (+gx) en venda anticipada

– 28€ na billeteira da sala

ENTRADAS CONCERTOS RIQUELA CLUB:

– 18€ (+gx) en venda anticipada

– 22€ na billeteira da sala

• ENTRADAS ONLINE XA Á VENDA en outonocodaxfest.entradas.plus/entradas/es/principal 

• ENTRADAS FÍSICAS Á VENDA en A Reixa-Matrioska (Santiago) a partir do 2 de agosto

Post navigation

Previous: Vandalismo contra o Punto Limpo Móbil de Dodro
Next: Comeza o Noia Harp Fest

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.