Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

A Mina de Touro podería solicitar á Unión Europea ser considerado proxecto estratéxico

A empresa Cobre San Rafael solicita a declaración de proxecto estratéxico para a Mina de Touro ante a Unión Europea

Vista actual da mina de Touro

Cobre San Rafael podería ter solicitado ante a Unión Europea a declaración de proxecto estratéxico para a Mina de Touro. Esta petición faríase dentro dunha convocatoria realizada pola UE relacionado con materias primas fundamentais e que remata o prazo de admisión de solicitudes o 15 de xaneiro.

A Xunta xa declarou proxecto estratéxico á Mina de Touro en xuño de 2024, en novembro publicábase o prazo de alegacións que remataba en decembro sen que desde aquel momento se publicara nada máis.

 O concelleiro de Medio Ambiente de Touro, Darío Rey, remitiu unha carta a Manuel García Hernández, Director General de Política Energética y Minas; e a Sara Aegesen Muñoz, Vicepresidenta tercera del Gobierno y Ministra para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico coa intención de manter unha reución sobre a Mina.

O obxectivo é abrir unha canle de comunicación co Ministerio como representante ante a Unión Europea. En segundo lugar trasladarlle ao Ministerio a información “territorial, ambiental, social y económica de primera mano que resulta esencial para una correcta comprensión del proyecto”.

O concello quere que sexan identificados de forma clara os prexudicados polo proxecto e as consecuencias ambientais. Ao mesmo tempo garantir a participación cidadá e o acceso a toda a información.

O concelleiro indica na carta que a convocatoria da Unión Europea inclúe como requirimento que sexan proxectos sostibles polo que a documentación da que dispón o concello pode ser de vital importacia.

Post navigation

Previous: Ames aproba o Plan económico financeiro 2025-2026
Next: Que foi do parking do CHUS?

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.