Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Crean un mapa interactivo dos puntos contaminantes da mina de Touro

mina touro mapa interactivo 6 maio 2025

Convencer aos de fora de que a contaminación da mina de Touro segue existindo é unha das loitas da veciñanza desde hai anos, agora impulsan este mapa dos puntos máis conflitivos.


Unha agrupación de veciños da localidade desenvolveu esta ferramenta dixital con información actualizada dos focos de contaminación da mina de Touro. O mapa interactivo é un lugar de consulta que proporciona a realidade actual dos terreos e a súa contorna a través de imaxes datadas e xeorrefenciadas.

Nel podese ver o estado actual dos cursos de auga nos terreos mineiros e na súa contorna, o estado das entulleiras, das balsas, dos vertedoiros de residuos ou tecnosoles na mina de Touro. A ferramenta ofrece tamén o acceso a fotografías detalladas e vídeos ilustrativos dispoñibles en Youtube, que complementan a información xeográfica.

A finalidade da ferramenta é permitirlle a cidadáns, expertos e mesmo administracións obter unha visión clara e actualizada, da realidade dos terreos e da súa evolución, confrontándoa coas mensaxes de “greenwashing” abundantes na prensa e nas redes sociais promovidas pola empresa mineira.

O mapa pode consultarse no seguinte enlace

https://earth.google.com/earth/d/1ff9SGUaPLTH04MLvUvZXOi2w-tPdJQAJ?usp=sharing

É o canal de YouTube é o seguinte

https://www.youtube.com/@avavtouroavavtouro

Post navigation

Previous: O festival Curtocircuíto cambia as súas datas e desenvolverase do 1 ao 6 de xullo
Next: Conxo, cen anos de barrio e algúns máis do Banquete

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.