Bisbarra, 4 de setembro do 2023 – A Xunta de Galicia adxudicou a a execución da nova senda peonil que unirá o Milladoiro, en Ames, coa estación intermodal de Compostela.
Trátase dunha senda de 3,5 quilómetros que ten un prazo de execución de 18 meses. Os traballos, cuxo trazado está consensuado co Concello de Santiago, centraranse na habilitación de novos itinerarios para peóns e ciclistas, con pendentes moderadas e sen apenas interacción co tráfico rodado.
Este tramo forma parte da senda que enlazará co Hospital Clínico e, desde a intermodal, co complexo administrativo de San Caetano. O investimento no total de 13 quilómetros de toda a senda será de 12 millóns de euros.
Estas actuacións, cuxo trazado está consensuado do Concello de Santiago, son impulsadas ao abeiro do programa europeo dos Fondos Next Generation, co fin de favorecer desprazamentos menos contaminantes nas cidades galegas e nas súas contornas, fomentando a diminución de emisións de gases á atmosfera.
As obras adxudicadasAs obras adxudicadas comezan no aparcadoiro de Agro do Medio, no Milladoiro, e comunicará a través das rúas Curuxa e Figueiras co eixe Milladoiro-Santiago, o cal discorre inicialmente entre a SC-20 e a AP-9, pasando por encima dos túneles de ADIF e conectando coa rúa Virxe do Rial.A partir da rúa Virxe do Rial, o itinerario entrará no antigo túnel de Adif, que será obxecto de acondicionamento e continuará polo Banquete de Conxo, o parque do Restollal e as Brañas de Sar, ata enlazar co actual itinerario de Clara Campoamor, á altura da estación intermodal.Tras a análise das achegas recibidas durante o trámite de información pública deste eixe, vaise reducir ata a metade a superficie a expropiar no entorno do lugar do Reiro e eliminaranse as pasarelas sobre o río Sar, empregando para o cruce as pontellas existentes.No contorno do Antigo Mosteiro de Conxo utilizarase a plataforma do camiño existente, sen ampliar a explanación e cun pavimento o máis natural posible; mentres que no paso por debaixo da estrada de Deputación darase continuidade ao itinerario, acondicionando e limpando a contorna coa finalidade de mellorar o aspecto que presenta na actualidade.Atendendo ás suxestións presentadas, elimínase a conexión da rúa Ramón Baltar, que quedará pendente de desenvolvemento en consenso e coordinación co Plan Especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo, que actualmente se atopa en fase de tramitación ambiental.