Chegou hai dous anos nun momento complexo para a institución, con recortes nos orzamentos e con debates políticos sobre como debe exercer o seu papel a Valedora. Comezamos preguntándolle polo resumo do tempo pasado desde que accedeu ao posto
Visto desde a rúa un pode ter a impresión de que institucións como o Consello de Contas ou a Valedora do Pobo teñen as veces a razón pero non teñen a capacidade para converter esa razón en feitos concretos. Otero considera que non ´extrictamente necesario ter esa capacidade e que a institución terá a forza que a xente lle queira dar
Un podería pensar que sendo unha maioría das queixas do ámbito urbano tamén serían por correo electrónico pero prodúcese a paradoxa de que o son por correo postal. A Valedora cre que son costumes que irán mudando a medida que a institución acérquese máis a cidadanía
A xente queixase máis pero iso, según a Valedora, non ten porque indicar que as cousas van peor, ela “consideraría un fracaso” que a xente non se queixara
No Día Internacional da Muller afondamos en esas declaracións sobre considerar a todo o mundo persoas. A día de hoxe as mulleres non loitan por algo mellor se non que loitan por algo que xa deberían ter. A Valedora coincide en que e terrible que iso siga sucedendo
A Valedora do Pobo, como institución, pasou por momentos complicados. Milagros Otero considera a actualidade unha etapa de tregua no que o organismo non está en cuestiónEste sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR