займ срочно

O MiiC levará a arte aos escaparates da rúa do Vilar

0

Compostela, 16 de novembro do 2022 – Miic na rúa levará a IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea á rúa do Vilar cunha intervención en vivo.

O MiiC forma parte de IMAXINARIA, unha mostra de ilustración contemporánea que conta co apoio do concello de Santiago e que se pode visitar na actualidade na Sede Afundación.

MiiC na rúa consiste na realización dunha serie de intervencións artísticas simultáneas que se levarán a cabo na rúa do Vilar. Cada ilustrador ou ilustradora realizará a súa intervención de forma presencial, in situ, para que así os viandantes poidan ver de primeira man o seu proceso creativo.

As intervencións levaranse a cabo sobre as cristaleiras de emblemáticos escaparates da rúa como a Sombreirería Iglesias ou a Mercería Algui. Completan o percorrido a librería San Pablo e o escaparate de Asthor decoración.

Os artistas encargados de ilustrar ditos escaparates sonos galegos Berto Fojo, Natalia Umpiérrez, Perrilla e Twee Muizen, artistas que tamén expoñen en IMAXINARIA, IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.

Durante o proceso de creación situarase no lugar da intervención un roll-up informativo, e ao rematar a obra colocarase unha cartela cun código QR onde se poderá acceder á información da actividade e a mostra. Ademais, toda a actividade documentarase audiovisualmente a través da realización dun vídeo resumo do acontecido, e que favorecerá a súa difusión nas redes.

MiiC na Rúa persigue dinamizar o espazo público que rodea a mostra, concretamente as rúas que a circunda, buscando que estas se identifiquen como unha extensión natural da propia exposición, acercando a ilustración ao día a día do casco histórico de Santiago, funcionando como reclamo para visitar a propia exposición que se atopa localizada na mesma rúa, ao mesmo tempo que se pon o foco na importancia dos comercios locais como dinamizadores económicos e culturais.

As intervencións comezarán pola tarde do 19 de novembro, a partir das 16.30h e unha vez rematadas poderán verse, a lo menos, durante un mes, establecendo unha ruta ilustrada exclusiva na que arte e comercio local se fusionan para encher de creatividade o casco histórico da cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies