Padrón, 2 de xullo do 2017 – O Club Ciclista Padronés Cortizo-Anova terá dous representantes nos Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se disputarán en Ávila do 7 ao 9 de xullo.
Federación Galega ha seleccionado para esta competición aos mozos Miguel Ángel Mera en categoría cadete e Laura Tenente en categoría infantil.
A convocatoria de ambos os corredores supón un recoñecemento ao traballo coa base que realiza o club padronés. O nivel alcanzado no presente curso por Miguel Mera, absoluto dominador da categoría cadete, así como a continuidade de Laura Tenente, logrando subirse ao podio en boa parte das probas en categoría infantil feminina, mereceu que ambos formen parte da selección galega no nacional de cada unha das súas categorías.