Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Consello da Cultura, Ponte nas Ondas e Concello de Santiago conmemoras o mes do Patrimonio

compostela-mes-do-patrimonio-slide-28-outubro-2024_r

Compostela, 28 de outubro do 2024 – Ata o 16 de novembro o Consello da Cultura Galega, Ponte nas Ondas e o Concello de Santiago colaboran nun programa de actividade que ten como obxectivo celebrar o mes do Patrimonio.

As actividades arrincaron o 17 de outubro, Día do Patrimonio Inmaterial, coa inauguración dunha mostra, que se pode visitar no Claustro de Fonseca, na que o Ministerio de Cultura mostra fotografías dos 25 bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) que España ten recoñecidos na UNESCO.

Ademais do flamenco, o silbo gomero e as alfombras florais do Montseny, está o modelo Ponte…nas ondas, que salvagarda o patrimonio cultural inmaterial na fronteira luso-galego mediante a creación de espazos nos que este patrimonio poida ser practicado e transmitido ás xeracións máis novas.

Máis actividades

A primeira das actividades da celebración será hoxe luns, 28 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Nesta ocasión, renderase homenaxe a dúas persoas portadoras do PCI de Santiago que participaron nas actividades de Ponte.. nas Ondas! (PNO!).

Os homenaxeados serán Manuel Miramontes, coñecido como “Bartolo” e recoñecido gaiteiro do barrio de San Lázaro, e Luz Fandiño, referente da tradición oral e da poesía popular galega. Ambos recibirán un recoñecemento pola súa contribución á cultura local e pola transmisión de saberes e prácticas que enriquecen a identidade da comunidade compostelá. De feito, na homenaxe actuará o grupo de gaitas Xirandaina, do que forma parte o fillo e neto de Bartolo; así como o poeta e amigo de Luz Fandiño, Peter Brea.

A programación continúa o venres, 8 de novembro, ás 19:00 horas na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, onde terá lugar a proxección do documental Florencio: o cego dos Vilares, dirixido por Pancho Álvarez.

Esta obra audiovisual ofrece unha visión íntima e evocadora da figura de Florencio, un dos últimos cegos cantores de Galicia. O evento incluirá un coloquio co director, que compartirá detalles do proceso de creación do documental e reflexionará sobre a importancia de preservar e difundir estas figuras da tradición popular galega.

Na sede do Consello da Cultura Galega terán lugar dúas xornadas especiais que convidan a explorar, recoñecer e valorar o patrimonio cultural galego e a súa relación coa cultura portuguesa. Estas actividades son abertas ao público e propoñen espazos para a reflexión, a proxección e o diálogo.

A primeira das actividades terá lugar o martes, 5 de novembro, ás 17:00 horas, cunha homenaxe a Florencio de Arboiro, figura representativa da tradición afiadora galega. Esta sesión incluirá a proxección do documental “A última viaxe do afiador”, de Aitor Rei, e contará cun coloquio posterior co propio director, quen compartirá detalles do proceso creativo e a relevancia de conservar esta tradición.

O xoves, 7 de novembro, tamén ás 17:00 horas, celebrarase un coloquio dedicado ao Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) galego-portugués e á súa proxección a nivel global. Neste encontro participarán destacados expertos como Guadalupe Jiménez-Esquinas, Cristina Sánchez Carretero, X.M. González Reboredo e Álvaro Campelo, quen abordarán a importancia e os retos de preservar as tradicións compartidas entre Galicia e Portugal e a súa repercusión internacional.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 21 ao 25 de outubro
Next: Negreira remata o plan de limpeza de marquesiñas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.