Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Mes de marzo no Museo do Pobo Galego

compostela museo do pobo programacion marzo 2026 (1)

Compostela, 2/03/2026 – Chega ao Museo do Pobo Galego un dos meses máis intensos do ano coa celebración do MICE aínda que o resultado nace de meses de traballo.

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) chega á súa 21ª edición do 10 ao 15 de marzo. O festival abre este ano unha nova etapa, sempre ao abeiro do Museo do Pobo Galego, mais cun cambio de dirección e de imaxe gráfica, que pasa a mans do colectivo Memoria e Cinema, nunha aposta por seguir achegando o festival a novos públicos.

A MICE trae moito que axendar.  O día 10, as oito e media da tarde, sesión inaugural coa proxección de “Redeiras” no Teatro Principal.

Trátase dunha obra da artista Acacia Ojea en colaboración con Arancha Brandón arredor do oficio das redeiras na localidade da A Guarda.

A MICE ofrece unha mirada e unha escoita contemporáneas sobre un labor manual e colectivo, patrimonio material e inmaterial retratado a través de paisaxes sonoras.

A obra xorde no marco da residencia SONORA, desenvolvida en colaboración con AGANTRO. A inauguración completarase cunha proxección sorpresa.

Profanación

Ao día seguinte, 11 de marzo, as sete menos cuarto na Fundación Eugenio Granell, inaugurase unha nova sección que leva por nome “Profanacións”.

A MICE recupera un espazo de creación e liberdade ligado ao rexistro de campo antropolóxico coa iniciativa Carrete 36, un proxecto editorial no que se convidaba a artistas a realizar un exercicio de fotografía cunha cámara de 35 mm e un carrete en branco e negro, que posteriormente eran reunidas en cadansúa publicación.

As persoas convidadas nesta ocasión son Florencia Rojas, Alfonso Camacho, Ian Waelder, Vanda Madureira, Iago Carro, Carme Nogueira e Javier Fernández Pérez de Lis.

 Retrospectiva Maddi Barber

A MICE pasará tamén pola sala Numax, os días 12, 13 e 14 para proxectar unha retropectiva de Maddi Barber.

As súas obras máis recentes nacen dun vínculo profundo co territorio prepirenaico onde medrou e dialogan, desde a etnografía experimental, coa memoria, as infraestruturas, a ecoloxía e a ética do coidado entre persoas e natureza. Proxectaranse os filmes Yours Truly (2018), codirixida con Christopher Murray e Charlotte Hoskins; 592 Metroz Goiti (2018); Urpean Lurra (2019); Gorria (2020); Alas / Tierra (2021); Core (2022), codirixida con June Crespo; e Cambium (2024), codirixida con Marina Lameiro.


Exposicións marzo

O contido das exposicións temporais que poden visitarse actualmente no Museo do Pobo Galego é accesible grazas á axuda da Federación Autismo Galicia.

A través desta colaboración elaboráronse materiais de accesibilidade cognitiva, mediante pictogramas e textos en linguaxe clara que melloran a comprensión da información e facilitan o acceso aos contidos, especialmente para persoas con dificultades cognitivas e sensoriais, persoas no espectro do autismo e outros perfís que atopan barreiras nos espazos culturais.

Restitución das estatuas do Mestre Mateo

Até o 31 de maio de 2026 – Ala Sur – Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego continúa a acoller a exposición temporal das esculturas do Mestre Mateo, Abraham/Xeremías e Isaac/Ezequiel, recuperadas polo Concello de Santiago de Compostela, logo de seren espoliadas polo franquismo.

Instalada na Ala Sur do Museo, organizada polo Concello e o Museo do Pobo Galego coa coordinación do equipo técnico do Museo e do Auditorio de Galicia, a mostra inclúe unha liña do tempo sobre a historia das pezas e un audiovisual que forma parte do proxecto

KosmoTech_1200, da USC e do CISPAC, centrado na reconstrución do coro do Mestre Mateo e do conxunto do nártice do Pórtico da Gloria incluída a fachada exterior, onde estaban situadas as dúas estatuas.

MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II

Até o 26 de abril de 2026 – Claustro alto – Museo do Pobo Galego

Unha mostra que convida a achegarse ao mundo das máscaras como expresión cultural universal. Componse dunha selección de 66 pezas: 54 delas, procedentes de Romanía, Italia, Portugal, España e Andorra e pertencentes á colección privada do coleccionista e viaxeiro Nacho Rovira, xunto cunha ducia de máscaras dos fondos do Museo do Pobo Galego.

Pezas do carnaval popular, ligadas ás festas de inverno e ao Entroido; máscaras empregadas en celebracións relixiosas, exemplos do carnaval cortesán barroco e da Commedia dell’Arte, máscaras funerarias e outras contemporáneas.

MASKS forma parte dun proxecto da Universidade de Valladolid a través da Cátedra de Estudos da Tradición coordinada por Pilar Panero. O traballo inscríbese  no proxecto europeo Unveiling the Arts and Works behind the Masks, impulsado pola European Education and Culture Executive Agency.


O Museo Acolle

O Museo do Pobo acolle a presentación do libro dunha das exposicións máis interesantes dos últimos anos “Santiago proxectado. Arquitecturas non construídas”.

Será o 17 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio do Museo. Trátase dunha publicación de Paula Franjo, Fernando Franjo e Santiago R. Caramés, editada polo Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións.

O volume recolle e afonda nunha selección de catorce proxectos nunca realizados na historia de Compostela, incluídos na exposición homónima que tivo lugar na Casa do Cabido.

Arquitecturas plausibles, utópicas, teóricas ou rompedoras que convidan a imaxinarmos unha cidade que nunca existiu, composta de espazos urbanos que hoxe  oncibiríamos dunha maneira completamente diferente.

Colaboran na obra, entre outras persoas: Rafael Moneo, Álvaro Siza, José A. Puente Míguez, Alfredo Vigo, Jesús Á. Sánchez, Luz Paz, Belén Castro, X. M. Casabella, Teresa Couceiro, Yolanda Pérez e Antonio Maroño.

Bestiario

Seguindo coas presentacións literarias o día 26 ás seis e media da tarde será a quedan de Bestiário, de Ánxel Huete e Vítor Vaqueiro publicada pola editorial Nêspera.

Uunha selección de figuras míticas galegas descritas por Vítor Vaqueiro, quen nos conta os atributos e fazañas máis salientables, e aporta, moitas das veces, referencias dos seus semellantes noutras culturas como a irlandesa, a catalá ou a vasca.

As ilustracións de Ánxel Huete intentan fuxir dunha liña clásica e transitar do icónico ao simbólico. Unha obra ilustrada e bilingüe, galego e inglés, sobre a mitoloxía galega, adaptable a calquera idade.

Post navigation

Previous: Pleno en Compostela: onde está a bolita?
Next: Continua a licitación do transporte urbano en Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.