Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Mercedes Rosón será candidata á alcaldía de Compostela

Mercedes Rosón, Gonzalo Muinhos, Mila Castro e Marta Alvarez na roda de prensa de presentacion da candidatura

Compostela, 24/06/2026 – Mercedes Rosón sempre foi leal ao PSdeG ata que o partido deixou de ser leal con ela. Cando no 2014 se presentou nas primarias para ser a candidata á alcaldía no 2015 contaba co apoio dos veciños e de moitos afiliados, pero o PSdeG sempre prefire complicar as cousas.

Con Paco Reyes o PSdeG, gañador das primarias con sospeitas nunca confirmadas de manipulación, perdeu cinco concelleiros, de 9 a 5, e Compostela Aberta obtivo o dobre, 10. Mercedes Rosón renunciou á acta e marchou para casa. No 2019 volveu para ser, outra vez, o número dous.

E no 2023 máis do mesmo. Si falabas con votantes e afiliados do PSdeG todos apostaban por ela como candidata e, sen unha queixa, volveu a sentarse detrás dun Bugallo que para a maioría estaba máis que amortizado.

Coa marcha do ex alcalde a un retiro dourado no Senado comezaron as presións. Un divorcio que acabou consumándose coa  expulsión do partido de Marcedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez. Dez anos tardaron as forza invisibles do PSdeG local en conseguir apartala.

Mirar adiante

Todo isto o podería ter contado Mercedes Rosón na rolda de prensa que deron este martes, explicar aos xornalistas máis novos que o sucedido este mandato non é máis que epílogo dun mal guión. Unha vez máis Rosón foi elegante e dixo o xusto “somos máis de Santiago que de partido”.

Unha nova etapa

Os catro concelleiros insistiron en que non hai egos en este proxecto. Todos coinciden, de forma implícita, no liderado de Mercedes Rosón. Aspiraban a gobernar Santiago e, tal vez, poidamos ver cantos apoios socialistas ten o partido e cantos Mercedes. Gonzalo Muíños, a quen sempre lle custa conterse, o quixo deixar claro.

Mercedes Rosón, Gonzalo Muinhos, Mila Castro e Marta Alvarez na roda de prensa de presentacion da candidatura

Será un proxecto propio, fora de partidos paraugas como Espazo Común. Todo indica que os papeis xa están presentados e só falta o visto bo do Ministerio del Interior. O seguinte será conformar unha lista con 27 persoas, tal vez unha das incógnitas máis interesantes de desvelar.

Coa candidatura de Mercedes Rosón a esquerda terá máis posibilidades de gobernar en Compostela. Compostela Aberta, con María Rozas, e BNG, con Goretti Sanmartín, poden ser compañeiras de viaxe, no caso dun resultados moi repartidos, xa que teñen máis cousas en común que diferencias. PSdeG e PP terán que facer un sobre esforzo porque Mercedes Rosón pode pescar nos dous caladoiros.

Post navigation

Previous: Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño
Next: “As pegadas do lume” reflexionará en Padrón sobre o último incendio

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.