Teo, 16 de decembro do 2021 – Este domingo día 19 terá lugar unha edición especial do mercado dos Tilos co que celebrar o Nadal.
O Mercado de Nadal será unha boa oportunidade para facer as últimas compras antes das festas. Os postos estarán colocados na Praza circular dos Tilos dende as 11:30 ás 19:30 horas. E haberá música en directo, brinquedos para xogar e unha noria para as crianzas.
Os postos participantes ofertarán alimentación, xoieiría, instrumentos tradicionais, ebanistería, xoguetería, florarías ademais das adegas de Teo da DO Rías Baixas e dos postos do Mercado do alimento labrego.
NO Mercado de Nadal participarán:
Panadería Pastelería Elvira., Brigantia Orfebres., Gaitas e Frautas galegas Oli Xiraldez, Iago Salgado Instrumentos tradicionais., Aluma Xoias en prata., Floristería de Pontevea., TresOficios Ebanisteria e Deseño., Brazolinda xogos., “Camiño Circular S. Coop. Galega Artesáns e produtores da Estrada: Aposta pola Tradición”
Os viños teenses:
Adega Gomez&Rial, Adega Castro de Balar, Adega Daniel Pernas
Do Mercado do alimento labrego de Teo estarán os seguintes postos:
Mª Dolores Lea Santiso. Cultivo ecolóxico certificado., Da leira de Anita., Casa do Campo., “Casa de Labranza Hortas da Ulla”., A Horta da señora Carmen., A horta de Nuria e Quíque.

