Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Mercado da Estrela non falta no Nadal de Compostela

compostela mercado da estrela 2 SLIDE 18 decembro 2025

O Mercado da Estrela celebrará a súa XIV edición desde este venres 19 ata o domingo 21 de decembro apostando polo talento local, o consumo responsable, e a identidade cultural galega.

O evento conta coa colaboración do departamento de Comercio do Concello de Santiago, e  o apoio de Turismo de Santiago. Trátase dunha proposta concibida como un espazo de encontro nas datas de Nadal arredor da creatividade, a cultura e o talento de orixe.

O obxectivo do Mercado da Estrela é ofrecer unha experiencia que vai máis alá das compras, combinando unha feira creativa contemporánea e unha programación cultural aberta, ampla e de balde. Un espazo que reunirá  artesanía, deseño, música, gastronomía e actividades, dirixidas a todo tipo de público.  

Diferentes espazos

A feira creativa do Mercado da Estrela celebrarase na Hospedería de San Martiño Pinario, coa participación de diferentes marcas e persoas emprendedoras e creadoras. No mesmo espazo desenvolveranse obradoiros infantís, haberá unha gardería-ludoteca, e celebraránse diferentes actividades para todos os públicos.

A Praza 8 de marzo acollerá a zona gastronómica do Mercado da Estrela, con foodtrucks e sesións de DJ´s. Tamén haberá, co patrocinio da Deputación da Coruña, un espazo baixo o nome “A paisaxe que sabe” onde se levarán a cabo os showcooking da man de Espazo Abella, A Horta do Obradoiro e A Maceta.

A Praza de Cervantes será o denominado “Espazo Estreleiro”, no que o público poderá participar nun xogo da oca xigante e facer uso, de balde, dun espazo habilitado para envolver os agasallos adquiridos no festival.

Programación musical

O Centro Xuvenil Don Bosco volverá ser o escenario da programación musical do Mercado da Estrela. Nesta XIV edición destaca o debut de Saibran, metade de Boyanka Kostova, e a volta aos escenarios de Triángulo de Amor Bizarro, dous momentos especialmente agardados dentro da proposta cultural do evento. Tamén está prevista a participación de IGMIG, Ulex, Montedapena, Antela, Maricarme, Sheila Patricia e Zålomon Grass.

Tamén no Centro Xuvenil Don Bosco, celebrarase o Bingo Estreleiro, o Retrokaraoke con cancións anteriores aos anos 2000, e unha versión do xogo popular das cadeiras con música tradicional.

Post navigation

Previous: Os carteiros reais chegan ao Nadal de Frades
Next: O Santiago que puido ser e non foi

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.