Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Mercado Boanerges presenta unha nova edición de “Cocinando Santiago”

Cada mes, un cociñeiro convidado elaborará ante o público propostas dos seus restaurantes en formato tapa.

compostela cocinando santiago 10 marzo 2026 (1)

Compostela, 10/03/2026 .  O Mercado de Boanerges puxo en marcha por segundo ano consecutivo “Cocinando Santiago”, unha experiencia gastronómica na que participan algúns dos mellores chefs da cidade.

Adrián Acevedo, director de Desarollo de Negocio do Mercado Boanerges sinalou que “a pesar de que temos unha liña gastronómica moi definida e moi vinculada á nosa identidade, sempre tivemos claro que a nosa cociña tamén está aberta a outros sabores”.

Nesta ocasión e mirando aos fogóns de Compostela, convidaron a repetir a experiencia de “compartir cociña e ideas, e sobre todo, gozar xuntos” aos chefs Iago Pazos, de Abastos 2.0; Alberto Lareo, de Maina; Brisa Medina e Carlos *Ínsua, de Benedita Elisa; Tomás Rubio, da Viaxe, e Gonzalo Pouse, de Arxentinos Casual Food e Fraco, finalista no campionato nacional Best Burguer Spain que se celebra mañá en Madrid, e que non puido asistir á presentación.

Este ano estarán por primeira vez Andrés Medina, de Gaio, e Víctor Lobejón, de Anaco, que se mostraron “encantados de poder estrearnos nesta iniciativa e vir divertirnos con amigos”.

Do mesmo xeito que na primeira edición, cada chef convidado elixirá un día ao mes para cociñar no mercado e ante o público os sabores dos seus respectivos restaurantes. Será en formato tapa, en sesións tardeo ou aperitivo, e cada sesión contará tamén coas tapas que o chef Pablo Pizarro creará ex profeso para cada unha, “aliñadas coa nosa carta e que encaixen e completen a proposta do cociñeiro invitado, pero sempre con produto do mercado”, afirmou.

Ademais, este ano e como novidade, cada cita gastronómica irá acompañada do sorteo de 1 noite de hotel para dúas persoas en calquera establecemento da cadea Alda Hotels. Un incentivo que, tal e como explicou Acevedo, “é posible grazas a unha colaboración que asinamos con esta compañía hostaleira e que está en sintonía con nosa propia filosofía, xa que nós apostamos por unir sinerxías e colaboradores para seguir construíndo proxectos xuntos”.

Primeira Cita

A primeira cita terá lugar este venres 13 de marzo, a partir das 20.00 horas, coa proposta de Iago Pazos, de Abastos 2.0, que cociñará cocido galego nun entrepan e empanada aberta que nunca chamaremos pizza (vexetal), mentres que Pablo Pizarro preparará para ese día sashimi de salmón e xurelo marinado con crema de aguacate e jalapeños.

Post navigation

Previous: Concello de Ames e Deputación abordan a mellora do campo de fútbol do Milladoiro
Next: A Deputación mobiliza 150 000 euros para suprimir simboloxía franquista

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.